Jean Seberg

actriz estadounidense

Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964).

Jean Seberg
Nome completoJean Dorothy Seberg
Nacemento13 de novembro de 1938
LugarMarshalltown
Falecemento30 de agosto de 1979
Lugar16º distrito de París e París
Causasobredose
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade de Iowa e Marshalltown High School
Cónxuxe(s)René Deville, Dennis Berry e François Moreuil
FillosAlexandre Diego Gary
Profesiónactriz de cinema e actriz
Na rede
IMDB: nm0781029 Allocine: 115 Rottentomatoes: celebrity/jean_seberg Allmovie: p64256 TCM: 173455 TV.com: people/jean-seberg
Musicbrainz: 32c67585-63ef-4ed8-ac20-f1ba8efaff67 Discogs: 361414 WikiTree: Seberg-4 Find a Grave: 1646 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou.[1] Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.

Traxectoria editar

Seberg naceu en Marshalltown, no estado de Iowa. O seu máximo desexo era ser actriz de cinema. Estudou na Universidade de Iowa e despois conseguiu o papel protagonista do filme Saint Joan, dirixido por Otto Preminger en 1957, papel para o que se recibiron ofertas de 18 000 candidatas.[2]

O ano seguinte rodou o seu segundo filme, tamén con Preminger, Bos días tristeza e a continuación O final da escapada, de Jean-Luc Godard, un dos fitos da Nouvelle Vague,[3] que a converteu nunha actriz coñecida en Europa. Non tivo a mesma sorte nos Estados Unidos, polo que seguiu a traballar en Europa.

Foi simpatizante das Panteras Negras, o que lle trouxo certas complicacións cos sectores máis reaccionarios de Hollywood, que organizaron campañas contra ela, facendo correr o rumor de que que estaba embarazada dun líder dos Panteras Negras.[4][5][6] Mesmo chegou a ser vixiada polo FBI.

Nalgunhas ocasións Seberg regresou aos Estados Unidos para rodar un filme, como Lilith (1964), un turbio drama psicolóxico con Warren Beatty,[3] e o western musical Paint Your Wagon (1969), con Clint Eastwood e Lee Marvin.

En 1979, antes de cumprir os 41 anos de idade, morreu en circunstancias non totalmente aclaradas.[7] O seu cadáver foi atopado no interior dun automóbil estacionado nunha rúa do barrio parisiense de Passy. Parece ser que Seberg foi unha persoa máis fráxil e vulnerable do que aparentaba e que se suicidou cunha sobredose de barbitúricos.[1][8] A súa filla Nana morrera aos dous días de nacer e Seberg nunca se recuperou do golpe. Aos dezaseis meses tamén se suicidou o seu home, o escritor Romain Gary.[6]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1957 Saint Joan Xoana de Arco
1958 Bos días tristeza Cecile
1959 The Mouse That Roared Helen Kokintz
1960 O final da escapada Patricia Franchini
1960 Let No Man Write My Epitaph Barbara Holloway
1961 Les Grandes Personnes Ann Título alternativo: Time Out for Love
1961 La Récréation Kate Hoover Título alternativo: Love Play
1961 Five Day Lover Claire Título alternativo: L'amant de cinq jours
1962 Congo Vivo Annette
1963 In the French Style Christina James
1964 Les plus belles escroqueries du monde Patricia Leacock (episodio "Le Grand Escroq")
(escenas suprimidas)
1964 Backfire Olga Celan Título alternativo: Échappement libre
1964 Lilith Lilith Arthur
1965 Un milliard dans un billard Bettina Ralton
1966 Moment to Moment Kay Stanton
1966 Line of Demarcation Mary, comtesse de Damville Título alternativo: La Ligne de démarcation
1966 A Fine Madness Lydia West
1967 Estouffade à la Caraïbe Colleen O'Hara
1967 Who's Got the Black Box? Shanny Título alternativo: The Road to Corinth
1968 Les oiseaux vont mourir au Pérou Adriana
1968 The Girls Documentary
1969 Pendulum Adele Matthews
1969 Paint Your Wagon Elizabeth
1970 Airport Tanya Livingston
1970 Ondata di calore Joyce Grasse Título alternativo: Dead of Summer
1970 Macho Callahan Alexandra Mountford
1972 Kill! Kill! Kill! Kill! Emily Hamilton
1972 Questa specie d'amore Giovanna Título alternativo: This Kind of Love
1972 Gang War in Naples Luisa Título alternativo: Camorra
1972 L'Attentat Edith Lemoine Títulos alternativos: Plot, The French Conspiracy
1973 La corrupción de Chris Miller Ruth Miller
1974 Les Hautes solitudes Filme mudo con personaxes sen nome
1974 Mousey Laura Anderson / Richardson Telefilme
1974 Ballad for the Kid La star Directora, guionista e produtora
1975 Bianchi cavalli d'Agosto Lea Kingsburg
1975 The Big Delirium Emily Título alternativo: Le Grand Délire
1976 Die Wildente Gina Ekdal Título alternativo: Die Wildente
1979 Le bleu des origines ela mesma

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Coates-Smith,, Michael; McGee, Garry (2012). The Films of Jean Seberg. McFarland. p. 8. Consultado o 26 de novembro de 2016. Final cause of death was left as 'probable suicide,'... 
  2. "Seberg: Real-life Cinderella" by Peer J. Oppenheimer, The Palm Beach Post, April 28, 1957, p. 11
  3. 3,0 3,1 Charles Champlin. "Jean Seberg: A Hollywood tragedy", The Modesto Bee, 16 de setembro de 1979, páx. F6
  4. Richards, David (1981). Played Out: The Jean Seberg Story. Random House. p. 204. ISBN 0-394-51132-8. 
  5. Allan M. Jallon "A journalistic lapse allowed the FBI to smear actress Jean Seberg", The Los Angeles Times, 14 de abril de 2002.
  6. 6,0 6,1 "Jean Seberg not reason for novelist's suicide, note says". Lakeland Ledger. 4 de decembro de 1980. p. 12D. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  7. "Charges filed in Seberg death". The Montreal Gazette. 23 de xuño de 1979. p. 41. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  8. Raith, Mark Alan (9 de xullo de 1981). "The Life and Death of Jean Seberg". Reading Eagle. p. 36. Consultado o 2 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bellos, David (2010). Romain Gary: A Tall Story. Londres: Harvill Secker
  • Coates-Smith, Michael, and McGee, Garry (2012). The Films of Jean Seberg. Jefferson, NC: McFarland
  • Guichard, Maurice (2008). Jean Seberg: Portrait francais. París: Editions Jacob-Duvernet
  • McGee, Garry (2008). Jean Seberg – Breathless. Albany, GA: BearManor Media
  • Moreuil, Francois (2010). Flash Back. Chaintreaux: Editions France-Empire Monde
  • Munn, Michael (1992). Clint Eastwood: Hollywood's Loner. Londres: Robson Books
  • Richards, David (1981). Played Out: The Jean Seberg Story. Random House

Ligazóns externas editar