Johann Peter Beaulieu

(Redirección desde «Jean Pierre de Beaulieu»)

Johann Peter Beaulieu de Marconnay, coñecido ás veces como Johann Peter de Beaulieu, ou coa súa forma francesa Jean Pierre de Beaulieu, nado o 26 de outubro de 1725 en Lathuy, Jodoigne, Países Baixos austríacos,[1] (hoxe no Brabante Valón, Bélxica, e finado o 22 de decembro de 1819 en Linz, Alta Austria,[1] foi un xeneral austríaco da época napoleónica.

Infotaula de personaJohann Peter Beaulieu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1725 Editar o valor em Wikidata
Brabante Valón Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1819 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Linz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio de Habsburgo Editar o valor em Wikidata
Rama militarInfantaría Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral
Feldzeugmeister (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra dos Sete Anos Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata
Premios

Combateu co exército do Sacro Imperio Romano Xermánico contra Prusia na Guerra dos Sete Anos, derrotando aos rebeldes do Ducado de Brabante, e foi ascendido a xeneral.

Enfrontouse ao mozo xeneral Napoleón Bonaparte na Campaña de Italia (1796-1797), durante a cal foi o comandante supremo das tropas austríacas na península. Repetidamente derrotado, despois da batalla de Borghetto o emperador Francisco II substituíu a Beaulieu por Dagobert Sigmund von Wurmser. En 1794, converteuse en propietario dun rexemento de Valóns.[1]

O rexemento de infantaría Beaulieu nº 58 serviu no teatro de operacións do Danubio durante a Guerra da Terceira Coalición,[2] e tamén na da Qinta Coalición.[3] Beaulieu retirouse despois da campaña de 1796.

Retirado da vida pública, Beaulieu faleceu en Linz o 22 de decembro de 1819.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Smith, Digby & Kudrna.
  2. Boycott-Brown, pp. 360-361.
  3. 3,0 3,1 Bowden & Tarbox, p. 69.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar