Jean-François Paul de Gondi

Jean-François Paul de Gondi, cardeal de Retz foi un relixioso e escritor de memorias francés, moi implicado na vida política do seu tempo. Naceu o 20 de setembro de 1613 en Montmirail, Marne e finou o 24 de agosto de 1679 en París.

Infotaula de personaJean-François Paul de Gondi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1613 Editar o valor em Wikidata
Montmirail, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1679 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
21 de marzo de 1654 – 15 de febreiro de 1662
← Jean-François de Gondi (pt) TraducirPierre de Marca (pt) Traducir →
Cardeal
19 de febreiro de 1652 –
Arcebispo titular
5 de outubro de 1643 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1644–), sacerdote católico (1643–), político , memorialista , sacerdote católico , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioGondi
Kardinál de Retz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJean-François de Gondi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2 de agosto de 1676Conclave de 1676 (pt) Traducir
20 de decembro de 1669Conclave de 1669–1670 (pt) Traducir
2 de xuño de 1667Conclave de 1667 (pt) Traducir
19 de xaneiro de 1655Conclave de 1655 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisFilippo Emanuele di Gondi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Françoise-Marguerite de Silly Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 107749639 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Orixes, formación e primeiros anos editar

Jean-François Paul de Gondi naceu na familia Gondi, de orixe italiana, chegada a Francia no séquito de Catarina de Medicis. Seu pai fora protector de Vicente de Paula e seu tío Jean-François de Gondi, era arcebispo de París. Seu irmán Henri (1590-1659) estaba destinado a ser o coadxutor do arcebispo e a herdar a seu posto, pero morreu nun accidente de caza e Jean-François, que prefería ser militar, foi escollido como substituto na carreira relixiosa e futuro arcebispo. Estudou teoloxía e a autores clásicos como Salustio e Plutarco. Aos vinte e cinco anos compuxo un relato histórico O Complot do conde de Fiesque, no que mostraba a súa paixón polo tema das conspiracións políticas. Foi ordenado sacerdote en 1643, e, de seguido, bispo e coadxutor de seu tío. A elocuencia dos seus sermóns e a súa xenerosidade coas esmolas fixérono moi popular. As amizades cos membros da alta nobreza francesa e o partido devoto permitíronlle crear unha rede de alianzas que o converteu en personaxe fundamental nas revoltas da Fronda.

O frondista editar

Gondi , que ambicionaba ser cardeal e se opuña á monarquía absoluta, foi partidario de primeira hora do movemento da Fronda . Os frondistas (en xeral aristócratas e membros dos parlamentos franceses) esixían o poder de revisar as decisións da coroa. Gondi tentou inicialmente presentarse como mediador entre os parlamentarios de París e a raíña rexente Ana de Austria. A raíña, aconsellada polo cardeal Mazarino, rexeitou a proposta de Gondi, que inmediatamente se puxo do lado da Fronda. Despois de dous intentos de compromiso ( paz de Rueil e paz de Saint-Germain), Gondi tratou de buscar un xefe para organizar a revolta. Despois da negativa de Louis II de Bourbon-Condé, o Grand Condé , escolleu como líder da sublevación ao seu irmán máis novo Armand de Bourbon. En 1649, cando a derrota dos frondistas parecía inevitable, Gondi negociou coa raíña en segredo para obter prebendas para si mesmo e os seus achegados. O presidente do Parlamento de París, fixo público o documento que probaba as manobras de Gondi e a súa popularidade viuse moi afectada. Grazas á súa amante, Charlotte de Lorraine, o coadxutor conseguiu ser conselleiro de Gastón de Francia, tío do rei, e acordou coa raíña entregar aos xefes da Fronda, que foron arrestados en xaneiro de 1650, a cambio de ser nomeado cardeal. Porén, despois da detención dos xefes frondistas, Mazarino, rexeitou nomealo cardeal. Gondi, apoiado por Gaston de Francia, iniciou unha nova revolta e reclamou o cesamento de Mazarino, que fuxiu a Saint-Germain, onde se encontraba o rei neno Lois XIV. Gondi provocou que unha multitude se dirixira ao Palacio Real para verificar o estado de saúde do monarca. Louis XIV nunca perdoou ese acto, que consideraba humillante. En 1651 o coadxutor recibiu a encomenda da abadía de Notre-Dame de la Chaume de Machecoul.

Despois da Fronda. O capelo de cardeal e a caída editar

En 1652 Gondi recibe o cardenalato de mans do papa Inocencio X . En outubro do mesmo ano o rei regresou a París acompañado de Mazarino, e unha das primeiras decisións deste foi enviar á cadea ao novo cardeal. En 1654, cando o tío do cardeal morreu deixando vacante o arcebispado de París, Retz, malia os pedidos dos seus amigos e do papa, estaba aínda na cadea. Firmou a renuncia ao arcebispado e foi posto en arresto no castelo dos duques da Bretaña. Fuxiu del descolgándose cunha corda e retráctaouse da renuncia ao arcebispado. Pasou a España e de alí a Roma e nomeou vicarios para administrar a sé parisiense na súa ausencia. En 1655 Mazarino tentou denigralo perante o novo papa Alexandre VII acusándoo de ser jansenista, pero o papa, que tivera o apoio de Retz para ser elixido, non se deixou convencer.

Durante o exilio, Gondi, refuxiouse en Belle-Île-en-Mer, posesión que herdara de seu tío-avó Albert de Gondi, situada perante a costa da Bretaña. Cando tivo que vender esa posesión por problemas económicos, mudouse ao castelo de Commercy, en Lorena, herdanza de súa nai. Retz viaxou por Europa interesándose pola política dos países que visitaba. Á morte de Mazarino en 1661, Retz esperaba recuperar o favor do rei, pero finalmente tivo que renunciar ao arcebispado recibindo a cambio a abadía de Saint-Denis, que proporcionaba unha renda considerable. En 1668 puido volver a París onde continuou involucrado en política, pero exclusivamente en temas relacionados coas relacións co papado. A súa influencia evitou que Alexandre VII excomungara o Parlamento de París que se manifestou en contra da infalibilidade papal. Participou nos conclaves de Clemente IX e Clemente X. Retz morreu despois de retirarse á abadía de Saint-Denis e Louis XIV prohibiu que se puxese unha placa co seu nome o que evitou que a tumba fose profanada polos revolucionarios en 1793.

As memorias editar

O cardeal é recordado polas súas Memorias, redactadas entre 1675 e 1677 e publicadas corenta anos máis tarde. Nelas conta de forma novelada a súa participación na Fronda. As memorias son a miúdo considerada unha das obras mestras do século XVII francés.