Jean-François Clervoy

Astronauta francés

Jean-François Clervoy, nado en Longeville-les-Metz (Francia) o 19 de novembro de 1958, é un astronauta francés que formou parte das misións STS-84, STS-66 e STS-103. Pasou un total de 28,13 días no espazo.[1][2]

Infotaula de personaJean-François Clervoy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Longeville-lès-Metz, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónPrytanée National Militaire (pt) Traducir
Escola Politécnica (pt) Traducir
Institut supérieur de l'aéronautique et de l'espace (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro de aviación , astronauta , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorps of armament (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo28 días, 3 horas e 5 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Premios

IMDB: nm5230963 Twitter: astro_JFrancois Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Clervoy é graduado pola Escola Politécnica de París en 1981 graduado pola Escola Nacional Superior da Aeronáutica e do Espazo, en Tolosa, en 1983. En 1987 gradúase como enxeñeiro de voos de proba.[1][2]

En 1983 traballou para a axencia espacial francesa, a CNES, en varios proxectos, como o do satélite SPOT de observación terrestre, o proxecto de ligazón óptica entre satélites STAR e as sondas cometarias Vega.[1][2]

Foi elixido como membro do segundo grupo de astronautas franceses en 1985. De 1987 a 1992 foi director do programa de voos parabólicos no Centro de Voos de Proba en Brétigny-sur-Orge, e deu soporte técnico ao programa Hermes de voos tripulados da ESA.[1][2]

En 1991 adestrouse no uso dos sistemas das naves Soiuz e da estación espacial Mir na Cidade das Estrelas, en Rusia, e en 1992 entrou a formar parte do corpo de astronautas da ESA no Centro Europeo de Astronautas, en Colonia, Alemaña. En agosto de 1992 foi enviado ao Centro Espacial Johnson da NASA para adestrarse como especialista de misión do transbordador espacial. Participou nas misións STS-84, STS-66 e STS-103.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2018). "Clervoy, Jean-François André" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 ESA, ed. (2019). "Jean-François Clervoy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar