Javier Sardà
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2023.) |
Francisco Javier Sardà Tamaro, coñecido coma Xavier Sardà, nado en Barcelona o 16 de abril de 1958, é un xornalista catalán.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1958 (66 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, guionista, presentador de televisión, director de televisión |
Participou en | |
30 de abril de 1997 | Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña |
Familia | |
Irmáns | Rosa Maria Sardà |
Traxectoria
editarSardà é Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Tralos seus inicios como cronista musical en diversos xornais como “Catalunya Express”, “Avui”, “El Noticiero” o “Mundo Diario”, con 19 anos obtivo unha bolsa en Radio Nacional de España en Barcelona. Desenvolveu alí diversos traballos antes de ser nomeado xefe de programación de Radio Nacional en Cataluña en 1989.
Nesta emisora conduciu, desde 1987 ata 1991, o programa “La Bisagra”, espazo radiofónico onde naceu o coñecido personaxe do Señor Casamajor. En 1992 el Sr. Casamajor, o seu alter ego, incorporouse á Cadena SER para colaborar no programa "Hoy por Hoy" de Iñaki Gabilondo. Un ano despois tamén Javier Sardà fichou para a emisora e xuntos presentaron, entre 1994 e 1997 o programa La Ventana, cuxo relevo tomaría a tamén xornalista catalá Gemma Nierga.
Mentres tanto, comezou a traballar en televisión, presentando os programas Juego de niños (TVE, 1990), Olé tus vídeos (FORTA, 1992-1993), Betes i films (TV3), Tot per l'audiència (TV3), Sembla mentida (TV3), Todos somos humanos (Antena 3, 1996) e Moros y cristianos (Telecinco, 1997).
Desde 1997 ata 2005 dirixiu o programa Crónicas marcianas , o máis visto nas noites televisivas españolas, que emitiu Telecinco, e que foi distinguido coa Rosa de Prata do Festival de Montreux en 1998, o Premio Ondas do ano 2000 e 10 TP de Ouro. En abril de 2005 anunciou unha retirada profesional temporal para o verán do mesmo ano.
É irmán da actriz Rosa Maria Sardà.
Premios e distincións
editarPolo seu labor en Crónicas marcianas, Sardà recibiu o premio Antena de Oro de Televisión de 1997, o Premio da Academia de Televisión de 1999 ó Mellor Comunicador de Programa de Entretemento e o TP de Ouro de 1997, 1998, 2002 e 2003 ó Mellor Presentador, categoría na que tamén foi nomeado en 1999, 2000, 2001 e 2004.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Javier Sardà |