Abrir o menú principal

Javier Alfaya Bula, nado na Ramallosa (Baiona) o 6 de agosto de 1939 e finado en Madrid o 29 de xaneiro de 2018[1], foi un xornalista, escritor e tradutor galego.

Javier Alfaya
Nome completoJavier Alfaya Bula
Nacemento6 de agosto de 1939
 A Ramallosa
Falecemento29 de xaneiro de 2018
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e tradutor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de notario, criouse en Reboreda (Redondela) ata que, cando tiña sete anos, o seu pai foi destinado a León.

Desenvolveu a súa carreira xornalística en revistas progresistas ou de esquerda como Triunfo, Mundo Obrero ou La Calle, e colaborou en diarios como El País, El Mundo[2], Le Monde diplomatique ou El Independiente. Tamén traballou en publicacións culturais como Cuadernos para el Diálogo, Letra Internacional, Ínsula, A Nosa Terra e Revista de Occidente.

Como tradutor, e en colaboración coa súa compañeira Bárbara McShane e co seu fillo Javier Alfaya McShane, traduciron ao castelán obras de Joseph Conrad, Graham Greene, Nadine Gordimer, Ernest Hemingway, Gerald Durrell, Iris Murdoch, Isak Dinesen, Isaac Asimov, George Steiner ou Salman Rushdie.

En outono de 2011 doou á Biblioteca Nacional de España un legado de correspondencia con escritores como Vicente Aleixandre, Manuel Andújar, Paul Preston, Manuel Tuñón de Lara ou Juan Goytisolo, así como con compositores e musicólogos como Hans Werner Henze ou Henri Dutilleux.[3]

ObraEditar

PoesíaEditar

  • Transición (1970)
  • La libertad, la memoria (1986)

EnsaioEditar

NarrativaEditar

  • El traidor melancólico (relatos, 1991)
  • Eminencia o la memoria fingida (novela, 1993)
  • Una luz en la marisma (literatura xuvenil, 1994; ambientada en Redondela)
  • Leyenda o el viaje sentimental (novela, 1996)
  • El chico rumano (literatura xuvenil, 2006)
  • Inquietud y desorden en la Casa Abacial (novela, 2008)

NotasEditar

  1. "Muere el escritor, crítico y editor Javier Alfaya", artigo de Jesús Ruiz Mantilla en El País, 30 de xaneiro de 2018 (en castelán)
  2. «Reflexiones ante la guerra», artigo en El Mundo, febreiro de 2003.
  3. Archivos personales, no Catálogo da Biblioteca Nacional de España.