Jane Dieulafoy

arqueóloga e xornalista francesa

Jeanne Paule Henriette Rachel Magre, coñecida como Jane Dieulafoy, nada en Tolosa o 29 de xuño de 1851[1] e finada en Château de Langlade, Haute-Garonne o 25 de maio de 1916, foi unha arqueóloga, exploradora, novelista e xornalista francesa. Casou co célebre arqueólogo Marcel-Auguste Dieulafoy. Ela e mailo seu marido son coñecidos polas súas escavacións en Susa.

Infotaula de personaJane Dieulafoy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jane-Henriette-Paule-Rachel Magre Editar o valor em Wikidata
29 de xuño de 1851 Editar o valor em Wikidata
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Pompertuzat, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemetery of Terre Cabade (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía, Escrita creativa e profesional, feminismo e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexploradora , novelista , xornalista , militar , feminista , viaxeira , escritora , tradutora , antropóloga , arqueóloga , fotógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarcel Dieulafoy (pt) Traducir (1870–) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 9463141e-2597-4a54-b5c7-1d80abb52eff IMSLP: Category:Dieulafoy,_Jane WikiTree: Magre-2 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jane Dieulafoy naceu como Jeanne Paule Henriette Rachel Magre[1] no seo dunha familia de comerciantes acomodados en Tolosa, Francia. Estudou no convento da Asunción de Auteuil nun suburbio de París entre 1862 e 1869. Alí recibiu unha educación clásica e amosou destreza no debuxo e na pintura.

En 1869, abandonou o convento e coñeceu a Marcel Dieulafoy, enxeñeiro de pontes e camiños e un afeccionado da arqueoloxía e da arte, con que casou o 11 de maio de 1870, cando tiña 19 anos. Ese mesmo ano comezou a Guerra franco-prusiana e Marcel alistouse como voluntario e foi enviado á fronte como capitán de enxeñeiros no exército do Loira. Jane acompañouno levando un uniforme masculino de soldado[2] e loitando ao seu carón.[3] Ao remate da guerra, Marcel quedou a cargo dos edificios municipais e os monumentos históricos de Tolosa e, pouco despois, foi nomeado arquitecto dos Monumentos históricos baixo a dirección de Viollet-le-Duc.

Interese pola arqueoloxía editar

Durante os dez anos seguintes, a parella percorreu Exipto e Marrocos para realizar diversos traballos de exploración arqueolóxica. Marcel deviña cada vez máis interesado na relación entre arquitectura oriental e a occidental, e en 1879 decidiu adicarse totalmente á arqueoloxía.[4]

 
Bazar Vakil de Shiraz, visto por Jane Dieulafoy en 1881.

Entre 1881 e 1882, os Dieulafoy visitaron Persia por primeira vez, comisionado polo Ministerio de Educación e Belas Artes para ir na procura das orixes da arquitectura occidental. Posteriormente, regresarían dúas veces máis. Nesta primeira viaxe a Persia, tomaron un cargueiro dende Marsella a Constantinopla, despois cunha barca rusa até Poti na costa leste do Mar Negro e, finalmente, a través do Cáucaso e vía Acerbaixan chegaron a Tabriz.[5] Desde alí viaxaron durante catorce meses por Persia, a Teherán, Isfahán e Shiraz.[4] Jane documentou as exploracións da parella con fotografías de tódolos monumentos, mesquitas, pontes etc. Igualmente, foi anotando, diariamente e con ilustracións, as reunións oficiais que realizaron cos representantes da autoridade, describiu os caravasares e as cidades que cruzaban en caravanas, informou aos lectores da historia do país, da gran miseria da sociedade e da crueldade dos seus líderes; así como o refinamento dos modos e a gastronomía. Mesturou descrición, anécdotas e feitos históricos. Por exemplo, estaba decepcionada polo ruinoso estado ruinoso de Isfahán, cuxos barrios estaban medio destruídos e os xardíns abandonados. Tamén describiu, en detalle, a súa longa estadía cos armenios de Djolfa e as persecucións que sofreron. Tódolos sucesos das viaxes foron publicados, posteriormente, en dous volumes.[6]

Jane Dieulafoy, que falaba persa, levaba un diario non só sobre as cuestións arqueoloóxicas sençón tamén sobre o a sociedade persa, que se foi publicando, de 1883 a 1886, na revista Le Tour du monde. Posteriormente, en 1887, publicouse na editorial Hachette en formato libro co título La Perse, Chaldée, Susiane.

En 1883, a parella retorna a Persia para busca-la cidade de Susa onde atoparon numerosos obxectos e decubriron o Friso dos Leóns[7] do palacio de Darío, a rampla das escaleiras do palacio de Artaxerxes III e, finalmente, o Friso dos Arqueiros,[8] que transportaron a Francia para depositalo e exhibilo no Museo do Louvre [9] onde se inauguraron, o 20 de outubro de 1886, as dúas "Salle Dieulafoy", que se adicaron para conter os obxectos de arte persa conseguidos durante as misións de 1885 e que seguen expostos no momento presente. Por estas contribucións o presidente Carnot entregoulle o título de Cabaleiro da Lexión de Honra o 20 de outubro de 1886.[6] De novo, publicará, este novo diario en 1888 co título: En Susa, Journal of Excavations, 1884-1886.

A pesar dos seus éxitos e sona, os Dieulafoy non puideron conseguir novas misións arqueolóxicas polo que percorrerán países máis próximos; entre 1888 e 1914, Jane e Marcel, viaxaron en vinte e tres ocasións a España e Marrocos.[6] O resto do tempo levan unha vida mundana en París onde Jane frecuentaba o Salón da condesa Diane de Beausacq e solicitou, e obtivo, unha licenza de travestismo[10], para poder vestir con roupa masculina.

 
Placa no nº 12 da rúa Chardin (16º distrito de París), antiga sede da Sociedade de Socorro para feridos (actual Cruz Vermella); regalo de Marcel e Jane Dieulafoy.

Desta época son as súas dúas novelas: Parysatis (1890) ambientada na antiga Susa, que foi alabada pola Academia Francesa e da que Camille Saint-Saëns adaptou un libreto para ópera que se estreou no Théâtre des Arènes de Béziers, o 2 de agosto de 1902; e Déchéance, publicada en 1897[6] e que fracasou, polo que decidiu volver á literatura de libros de viaxes e estudos históricos.

Ao estourar, en 1914, a Primeira guerra mundial, Jane defende a integración das mulleres no exército[6] e cando Marcel é mobilizado como coronel de enxeñeiros e enviado a Rabat, ela decide acompañalo. Alí, dirixirá os traballos de escavación da mesquita de Hassan e planeou explora-la cidade romana de Volubilis, mais a súa saúde decaeu ao contraer amebíase[11] e tivo que volver a Francia onde morreu o 25 de maio de 1916, na leira familiar de Langlade en Pompertuzat . A parella, que non tiña fillos, legou a súa casa, no número 12 da rúa Chardin en París, á Cruz Vermella de Francia que segue a ter unha oficina nese domicilio.[12]

Travestismo editar

 
Jane (á esquerda, con roupa masculina) co seu marido.

Jane Dieulafoy comezou a vestirse con roupa masculina cando combateu xunto a Marcel durante a Guerra franco-prusiana e continuou vestindo así ao volver. Tamén prefería vestir así, e cortou o cabelo, durante as viaxes porque doutro xeito, para unha muller, era difícil poder viaxar libremente nun país musulmán.

Ao retornar a Francia, dado que ese costume ía contra a lei, recibiu unha "licenza de travestismo" do prefecto da Policía. É difícil establece-los motivos de Jane Dieulafoy para escoller a roupa masculina[13] e aínda que ela declarou "Só fago isto para gañar tempo. Compro traxes a medida e emprego o tempo que gaño deste xeito para traballar máis",[14] nas súas obras de ficción incluíu moitos personaxes que se travestían , polo que poida que fose algo máis que simple conveniencia

Dieulafoy considerábase en igualdade co seu marido e ao mesmo tempo foille absolutamente leal rexeitando a idea do divorcio por considerar que denigraba a muller.[15]

Foi membro do xurado do premio Femina de literatura dende a súa creación en 1904 até a súa morte.[16]

Obras editar

Traballos publicados importantes:[6]

  • La Perse, la Chaldée, la Susiane (1887). París: Hachette
  • À Suse, journal des fouilles 1884-1886 (1888). París: Hachette
  • Parysatis (1890). París: Lemerre
  • Volontaire 1792-1793 (1892).París: Armand Colin
  • Rose d'Hatra et l'Oracle (1893). París: Armand Colin
  • Frère Pélage (1894). París: Lemerre
  • Conférence sur les fouilles de Suse (1897). Rouen: Léon Gy
  • Déchéance (1897). París: Lemerre
  • Aragon et Valence (1901). París: Hachette
  • Parysatis (1902). Drama lírico en 3 actos e 1 prólogo. Théâtre des Arènes en Béziers (música Camille Saint-Saëns).
  • L'Épouse parfaite de Luis de León (traduction), París, Bloud, 1906
  • Castille et Andalousie (1908). París: Hachette
  • L'Œuvre littéraire de Madame Barratin (1912). París: Lemerre
  • Isabelle la Grande (1920). París: Hachette
  • Une amazone en Orient. Du Caucase à Persépolis 1881-1882 (1987). París: Phébus
  • L'Orient sous le voile. De Chiraz à Bagdad 1881-1882 (1990). París: Phébus
  • En mission chez les Immortels, Journal des fouilles de Suse 1884-1886 (1990). París: Phébus

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "LEONORE". culture.gouv.fr (en francés). Consultado o 4-11-2019. 
  2. Adams (2010), p 49
  3. New York Times (1916)
  4. 4,0 4,1 Cohen & Joukowsky (2006), p. 39
  5. Cohen & Joukowsky (2006) , p. 41
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Calmard (1995)
  7. "Frise des lions". louvre.fr. Consultado o 4-11-2019. 
  8. "Frise des archers". louvre.fr. Consultado o 4-11-2019. 
  9. Adams (2010), p. 42
  10. A "licenza de travestismo" era un permiso, obrigatorio, que emitía a Prefetura de Policía en Francia a partir do 16 de Brumario do ano IX (7 de novembro de 1800), para que unha muller puidera empregar roupas masculinas, e que non foi revogado até xaneiro de 2013.Bard, Christine (6 de novembro de 2019). "Le « DB58 » aux Archives de la Préfecture de Police". Clio. Histoire‚ femmes et sociétés [En ligne] (en francés) (1999 (en liña o 22 de maio de 2006)) (10). doi:10.4000/clio.258. 
  11. Adams (2010), pp. 61
  12. Gran-Aymeric (1991), p. 311
  13. Irvine (1999), pp. 13-23
  14. Adams (2010), p. 56
  15. Adams (2010), p. 57
  16. Irvine (2008), pp. 10-11

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar