Jan Brueghel o Novo

Jan Brueghel o Novo, nado en 1601 e finado en 1678, foi un pintor flamengo.

Jan Brueghel o Novo
Jan Brueghel the Younger - Allegory of Sight, c. 1660.png
Nacemento13 de setembro de 1601 e 1601
Lugar de nacementoAntuerpen
Falecemento1 de setembro de 1678 e 1678
Lugar de falecementoAntuerpen
NacionalidadePaíses Baixos dos Habsburgo
EtniaPobo flamengo
Ocupaciónpintor
PaiJan Brueghel, o Velho
NaiIsabelle de Jode
CónxuxeAnna Maria Janssens
FillosJan Peeter Brueghel, Abraham Brueghel e Jan Baptist Brueghel
IrmánsAmbrosius Brueghel, Anna Brueghel e Paschasia Brueghel
Coñecido porAllegory of the Tulipomania e Paradise with the Fall of Adam and Eve
Na rede
Musicbrainz: 1638b8e5-056e-4f06-81ec-581ee266b9d6 Discogs: 3526891 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A Sagrada Familia con San Xoán

TraxectoriaEditar

Era fillo de Jan Brueghel o Vello, neto de Pieter Brueghel o Vello e sobriño de Pieter Brueghel o Novo. O seu segundo fillo foi o pintor Abraham Bruegel (1631-1690).

Formado con seu pai, Jan trasladouse aínda novo a Milán para encontrarse con Federico Borromeo, mecenas do proxenitor. Logo dunha viaxe por Italia que o levou a Roma, Nápoles e Palermo (en Sicilia estivo en compaña do seu amigo Anton van Dyck), Jan retornou a Antuerpen en 1625, onde traballou para numerosos comitentes prestixiosos, como a Casa Real francesa. Viaxou tamén por Francia, en data imprecisa do sexto decenio do século XVII.

As súas pinturas lembran abondo o estilo miniaturístico do seu pai; como el, traballou con frecuencia con outros artistas como o célebre mestre barroco celebre Peter Paul Rubens.


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.