Jamie Salter
Jamie Salter, nado na década de 1960[1] (en 1962 ou 1963)[2], é un executivo empresarial canadense. É o fundador, presidente e CEO de Authentic Brands Group, empresa estadounidense de desenvolvemento de marcas e licenzas con sede na cidade de Nova York. Antes foi o CEO de Hilco Consumer Capital.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1963 (61 anos) Toronto, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Participou en | |
Global Conference 2022 (en) | |
Carreira
editarSalter é natural de Toronto, Canadá e comezou a súa carreira na comercialización de artigos deportivos na década de 1980.[4] En 1992, cofundou o fabricante de táboas de snowboard Ride Inc., que cotizou en bolsa no Nasdaq en 1994. Dimitiu como CEO da compañía en 1996.[4] Traballou con outras empresas deportivas antes de se unir a Hilco Consumer Capital, unidade de capital privado de Hilco Trading LLC, que cofundou en decembro de 2006.[5]
Deixou Hilco en 2010 para crear a empresa Authentic Brands Group. A compañía adquire dereitos de marcas e posúe os dereitos de iconas culturais como Marilyn Monroe, Michael Jackson, Muhammad Ali e Elvis Presley[6] e do deporte como Julius Erving ou Sports Illustrated. En seis anos, converteuse nunha empresa de 1.500 millóns de dólares e gañou reputación como experta en marcas.[6] O 12 de agosto de 2021, anunciouse que Authentic Brands Group adquiriría a marca Reebok de Adidas por polo menos 2.500 millóns de dólares, nun acordo que se espera que se peche no primeiro trimestre de 2022,[7] por iniciativa de Shaquille O'Neil.[8]
En 2018 foi galardoado pola ONG Delivery Goods pola súa axuda á infancia en familias desfavorecidas.[9]
Notas
editar- ↑ "Jamie Salter Net Worth: Bio, ABG, Age, Height, Wife, Sons and Cottage". Wiki Project (en inglés). 2021-08-01. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-05.
- ↑ News, Bloomberg (2020-08-14). "Jamie Salter Builds $15 Billion Empire From Washed-Up Retailers - BNN Bloomberg". BNN. Consultado o 2022-02-05.
- ↑ "Hilco CEO heads for the hills". 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 "Toronto native J. Salter rebrands Marilyn Monroe". 26 Abril de 2012. Consultado o 5-2-2022.
- ↑ "HCC CEO resigning". 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 5-2-2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Meet the man making millions off dead people". 28 de novembro de 2016. Consultado o 5-1-2022.
- ↑ Thomasson, Emma (2021-08-12). "Adidas ends Reebok era with $2.5 bln sale to Authentic Brands". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-02-05.
- ↑ Ciment, Shoshy; Ciment, Shoshy (2021-08-12). "How Shaquille O’Neal Pushed Authentic Brands Group to Buy Reebok". Footwear News (en inglés). Consultado o 2022-02-05.
- ↑ Alahmad, Dalia. "2018 Annual Gala Honorees: Jamie Salter and Nick Woodhouse – Delivering Good" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jamie Salter |