Jami

poeta persa

Nur ad-Dīn Abd ar-Rahmān Jāmī (en persa: نورالدین عبدالرحمن جامی), tamén coñecido como Mawlanā Nūr al-Dīn 'Abd al-Rahmān, Abd-Al-Rahmān Nur-Al-Din Muhammad Dashti, ou simplemente como Jami ou Djāmī e en Turquía como Molla Cami, nado en Jam o 7 de novembro de 1414 e finado o 9 de novembro de 1492, foi un poeta persa[1] coñecido polos seus prolíficos estudos e como escritor da literatura mística sufí. Principalmente foi un poeta-teólogo da escola de Ibn Arabi e un Khwājagānī Sũfī, recoñecido pola súa elocuencia e a súa análise da metafísica da misericordia.[2][3] As súas obras máis célebres son Haft Awrang, Tuhfat al-Ahrar, Layla wa -Majnun, Fatihat al-Shabab, Lawa'ih, Al-Durrah al-Fakhirah.

Modelo:BiografíaJami

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1414 Editar o valor en Wikidata
Torbat-e Jam, Irán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1492 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Herat, Afganistán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, teórico da música, escritor, filósofo Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorHusayn Bayqarah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosQ125591433 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX918529 Musicbrainz: 7b1af962-72ed-4415-ae46-46e41d10cbc4 Editar o valor en Wikidata
Ilustración de Xardín de rosas dos píos, de Jami, datado en 1553. A imaxe xunta a poesía e as miniaturas persas, habitual en moitas obras da literatura persa.

Traxectoria

editar

Jami ncaeu en Jam,[4] en Khorasan.[5] O seu pai Nizām al-Dīn Ahmad b. Shams al-Dīn Muhammad chegara de Dasht, pequeno lugar do distrito de Isfahán.[5] Uns poucos anos despois do seu nacemento, a súa familia emigrou a Herat, onde puido estudar peripateticismo, matemáticas, literatura persa, ciencias naturais, lingua árabe, lóxica, retórica e filosofía islámica na universidade de Nizamiyyah.[2] O seu pai, tamén sufí, foi o seu primeiro mestre e mentor.[2] Mentres estaba en Herat, Jami tivo unha importante posición na corte, involucrado na política, economía e filosofía do momento e na vida relixiosa.[2]

Como o seu pai era de Dasht, o primeiro pseudónimo de Jami foi Dashti, pero máis tarde escolleu empregar Jami debido a dúas razóns:

مولدم جام و رشحهء قلمم
جرعهء جام شیخ الاسلامی است
لاجرم در جریدهء اشعار
به دو معنی تخلصم جامی است

O meu lugar de nacemento é Jam, e a miña pluma
Bebeu do (coñecemento de) Sheikh-ul-Islam (Ahmad) Jam
Así que nos meus libros de poesía
O meu pseudónimo é Jami por estas dúas razóns.

Jami foi mentor e amigo do célebre poeta túrquico Alisher Navoi, como apunta nun dos seus poemas:

او که یک ترک بود و من تاجیک،
هردو داشتیم خویشی نزدیک.
U ki yak Turk bud va man Tajik
Hardu doshtim kheshii nazdik

Aínda que el era turco e eu taxico,
Eramos amigos íntimos entre nós.[6]

A continuación marchou a Samarcanda, o principal centro de estudos científicos do mundo musulmán, onde completou os seus estudos. Embarcouse logo nunha peregrinación que aumentou a súa reputación e estableceu a súa importancia no mundo persa.[5] Jami tiña un irmán chamado Molana Mohammad, aparentemente un home instruído e mestre en música, ao que Jami escribiu un poema lamentando a súa morte. Jami tivo catro fillos, mais tres deles morreron antes de cumprir un ano.[7] O seu fillo supervivente chamouse Zia-ol-din Yusef e Jami escribiu o seu libro Baharestan para o seu fillo.

 
Mozo buscando o consello do seu pai sobre amor de Haft Awrang de Jami, no relato "Un pai aconsella o seu fillo sobre amor".

Ao final da súa vida vivía en Herat. O seu epitafio di "Cando a túa face está oculta de min, como a lúa se oculta nunha noita escura, perdo estrelas de bágoas e así a miña noite permanece escura a pesar de todas esas estrelas brillantes".[8] Hai varias datas posibles da súa morte, pero a máis aceptada e novembro de 1492. A pesar de que a data real da súa morte é descoñecida, o ano do seu pasamento marca o final da súa contribución, ademais de coincidir cun ano clave, en que os árabes deixaron de habitar a Península Ibérica logo de 781 anos.[9] O seu funeral foi dirixido polo príncipe de Herat e asistiron gran número de persoas, demostrando o seu fondo impacto.[7]

Ensinanza e sufismo

editar

No seu papel como shaykh sufí, que comezou en 1453, Jami explicou numerosas ensinanzas sobre o seguimento do camiño sufí. Creou unha distinción entre dous tipos de sufismo, coñecidos como os espíritos "profético" e "místico".[10] Jami é coñecido pola súa extrema piedade e misticismo.[2][3] Mantívose como un suní devoto no seu camiño cara ao sufismo e desenvolveu imaxes de amor terreal xunto co seu afán de mostrar a paixón espiritual da procura de Deus.[2][11] Comezou a interesarse no sufismo de moi novo cando recibiu unha beizón de Khwaja Mohammad Parsa que estaba a visitar a cidade.[12] A partir deste momento, buscou a guía de Sa'd-alDin Kasgari baseándose nun soño en que lle dixeron que aceptase a Deus e se convertese no seu compañeiro.[13] Jami seguiu a Kasagari e os dous quedaron ligados polo matrimonio de Jami coa neta de Kasgari.[12] Foi coñecido polo seu compromiso con Deus e o seu desexo de separarse do mundo para achegarse a Deus, en ocasións causando que esquecese as normalidades sociais.[12]

 
Yusuf e Zulaikha (Xosé atrapado pola esposa de Putifar), miniatura de Behzād, 1488.

Trala súa volta ao mundo social involucrouse nun amplo rangode actividades sociais, intelectuais e políticas no centro cultural de Herat.[12] Comprometeuse coa escola de Ibn Arabi, enriquecendo, analizando e mesmo cambiando devandita escola. Jami continuou a aumentar o seu entendemento de Deus mediante visións e feitos milagreiros, esperando acadar un gran coñecemento de Deus na compaña do bendicido por el.[12] Cría que había tres obxectivos para chegar á "presenza permanente con Deus " mediante a constancia e o silencio, afastándose do estado terreal, e o estado constante dun guía espiritual.[14]

 
Ilustración de Bahâristân (1595), con dúas liñas escritas

Jami escribiu aproximadamente oitenta e sete libros e cartas. A súa obra abrangue dende a prosa á poesía, e dende ao mundano ao relixioso. Escribiu tamén traballos de historia e de ciencia. Ademais fixo comentarios de teólogos, filósofos e sufís anteriores e contemporáneos.[2] En Herat, o seu manual de deseño de regadíos incluía debuxos avanzados e cálculos e é aínda unha referencia clave para o departamento de irrigación.[15]

A súa poesía foi inspirada polos ghazals de Hafiz, e o seu célebra Haft Awrang (“Sete tronos”) está influído segundo el mesmo dixo pola obra de Nizami. Esta obra é unha colección de sete poemas.[16] Cada poema discute un relato diferente como o Salaman va Absal que conta a historia da atracción carnal dun príncipe pola súa nutriz.[17] Jami emprega simbolismo alegórico xunto co relato que mostra as fases clave do camiño sufí como o arrepentimento e a exposición de aspectos filosóficos, relixiosos, relixiosos ou éticos.[7][16] Cada un dos símbolos alegóricos ten un significativo coñecemento, particularmente de Deus. A historia reflicte a idea de Jami do rei sufí como ideal no gobernante islámico medieval.[16]

Jami tamén é coñecido por tres coleccións de poemas líricos que abranguen dende a súa mocidade ata o final da súa vida, coñecidas como Fatihat al-shabab ("O comezo da mocidade"), Wasitat al-'ikd ("A perla central do colar") e Khatimat al-hayat ("A conclusión da vida").[7] Pola obra de Jami, as referencias ao sufismo e aos sufís emerxen como tópicos. Algunhas das súas ideas máis profundas foron as explicacións místicas e filosóficas da natureza da misericordia divina, resultado dos seus comentarios sobre obras alleas.[2]

Jami tamén é coñecido pola influencia da súa poesía, que foi incluída en pinturas persas que mostran a historia de Persia a través de manuscritos ilustrados. A maioría das súas propias obras inclúen tamén ilustracións, algo non habitual nese tempo. A súa poesía profunda adoita ser acompañada por pinturas que reflicten a complexidade da obra e da cultura persa.[18]

Impacto

editar

Jami traballou na corte de Tīmūr en Herat servindo como intérprete e comunicador.[2] A súa poesía reflicte a cultura persa e foi popular no oriente islámico, Asia central e o subcontinente indio.[2] A súa poesía inclúe ideas populares que levaron intereses sufís e non sufís á súa obra.[10] Foi coñecido non só pola súa poesía, senón pola súa obra teolóxica e os comentarios sobre a cultura.[2] A súa obra empregouse en diferentes escolas dende Samarcanda a Istambul e Khayrābād en Persia así como no Imperio Mughal.[2]

  1. Culture and Circulation: Literature in Motion in Early Modern India (en inglés). BRILL. 2014. ISBN 9789004264489. works of the Persian polymath ʿAbd al-RahmanJami (1414–1492) under the auspices of the Neubauer Collegium for ... 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Rizvi, Sajjad. "The Existential Breath of al-rahman and the Munificent Grace of al-rahim: The Tafsir Surat al-Fatiha of Jami and the School of Ibn Arabi". Journal of Qur'anic Studies. 
  3. 3,0 3,1 Williams, John (1961). Islam. Nova York: George Braziller. 
  4. "Nour o-Din Abdorrahman Jami". Iran Chamber Society. Consultado o 3 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Losensky, Paul (23 de xuño de 2008). "JĀMI". Encyclopædia Iranica. 
  6. Abdullaev K.N. From Xinjiang to Khorasan. Dushanbe. 2009, páx. 70
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Huart, Cl.; Masse, H. "Djami, Mawlana Nur al-Din 'Abd ah-Rahman". Encyclopaedia of Islam. 
  8. Ahmed, Rashid (2001). Taliban, páx. 40. Yale University Press.
  9. Machatsche, Roland (1996). The Basics:2 Islam. Trinity Press. 
  10. 10,0 10,1 Schimmel, AnnMarie (1975). Mystical Dimensions of Islam. Capital Hill: The University of North Carolina Press. 
  11. Rahman, Fazlur (1966). Islam. Holt, Rinehart, and Winston. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Algar, Hamid (xuño de 2008). "Jami and Sufism". Encyclopaedia Iranica. 
  13. Kia, Chad (xuño de 2008). "Jami and Sufism". Encyclopaedia Iranica. 
  14. Algar, Hamid (23 de xuño de 2008). "Jami and Sufism". Encyclopaedia Iranica. 
  15. Chokkakula, Srinivas (2009). "Interrogating Irrigation Inequities: Canal Irrigation Systems in Injil District, Herat". Case Study Series. Afghanistan Research and Evaluation Unit. p. 12. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Lingwood, Chad (marzo de 2011). "Jami's Salaman va Absal: Political Statements and Mystical Advice Addressed to the Aq Qoyunlu Court of Sultan Ya'qub (d. 896/1490)". Iranian Studies 44 (2): 175–191. doi:10.1080/00210862.2011.541687. 
  17. Lingwood, Chad (marzo de 2011). "Jami's Salaman va Absal: Political Statements and Mystical Advice Addressed to the Aq Qoyunlu Court of Sultan Ya'qub (d. 896/1490)". Iranian Studies 44 (2): 174–191. doi:10.1080/00210862.2011.541687. 
  18. Kia, Chad (23 de xuño de 2008). "Jami and Persian Art". Encyclopaedia Iranica. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • E.G. Browne. Literary History of Persia. (Four volumes, 2,256 pages, and twenty-five years in the writing). 1998. ISBN 978-0-7007-0406-4
  • R. M. Chopra, "Great Poets of Classical Persian", Sparrow Publication, Kolkata, 2014, (ISBN 978-81-89140-75-5)
  • Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company. 1968 OCLC 460598 ISBN 978-90-277-0143-5
  • Ḥāfiż Mahmūd Shīrānī. "Dībācha-ye awwal [First Preface]". In Ḥifż ul-Lisān [a.k.a. Ḳhāliq Bārī], edited by Ḥāfiż Mahmūd Shīrānī. Delhi: Anjumman-e Taraqqi-e Urdū, 1944.
  • Aftandil Erkinov A. "La querelle sur l`ancien et le nouveau dans les formes litteraires traditionnelles. Remarques sur les positions de Jâmi et de Navâ`i". Annali del`Istituto Universitario Orientale. 59, (Napoli), 1999, pp. 18–37.
  • Aftandil Erkinov. "Manuscripts of the works by classical Persian authors (Hāfiz, Jāmī, Bīdil): Quantitative Analysis of 17th–19th c. Central Asian Copies". Iran: Questions et connaissances. Actes du IVe Congrès Européen des études iraniennes organisé par la Societas Iranologica Europaea, París, 6–10 de setembro de 1999. vol. II: Périodes médiévale et moderne. [Cahiers de Studia Iranica. 26], M.Szuppe (ed.). Association pour l`avancement des études iraniennes-Peeters Press. París-Leiden, 2002, pp. 213–228.
  • Jami. Flashes of Light: A Treatise on Sufism. Golden Elixir Press, 2010. ISBN 978-0-9843082-2-4 (libro electrónico)

Ligazóns externas

editar