Ghazal
xénero literario lírico das literaturas árabe, persa, turca e urdú
O ghazal ou ghazel é un xénero literario lírico propio das literaturas árabe, persa, turca e urdú. Na literatura árabe trátase dun poema cuxa etimoloxía está emparentada coas ideas de gabanza, afago etc. Da mesma raíz deriva a forma tagazzul, "compor poesías amorosas". Conceptualmente o ghazal ten estreita relación co nasib (ou tasbib), prólogo amoroso que serve de introdución xunto co rahil (descrición dunha viaxe polo deserto), ao tema panexírico que caracteriza a composición poética chamada qasida.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Historia de la poesía pre-Islámica Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)