Jake Gyllenhaal
Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Óscar e ó British Academy of Film and Television Arts.
Jake Gyllenhaal | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Jake Gyllenhaal en xuño de 2019. | |||||||
Nome completo | Jacob Benjamin Gyllenhaal | ||||||
Nacemento | 19 de decembro de 1980 (42 anos) | ||||||
Lugar | Os Ánxeles (California) ![]() | ||||||
Nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||
Etnia | Suecos | ||||||
Relixión | xudaísmo e cristianismo | ||||||
Educado en | Universidade de Columbia, Harvard-Westlake School, The Center for Early Education e Young Actors Space | ||||||
Pai | Stephen Gyllenhaal | ||||||
Nai | Naomi Foner Gyllenhaal | ||||||
Profesión | Actor (1991-presente) | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
http://www.jakegyllenhaal.com/ | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Fillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.
Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios trebellos. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme está baseado na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.
FilmografíaEditar
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1991 | City Slickers | Danny Robbins | |
1993 | Josh and S.A.M. | Leon | |
A Dangerous Woman | Edward | como Jacob Gyllenhaal | |
1998 | Homegrown | Jake/Blue Kahan | |
1999 | October Sky | Homer Hickam Jr. | |
2001 | Donnie Darko | Donald J. "Donnie" Darko | |
Bubble Boy | Jimmy Livingston | ||
Lovely & Amazing | Jordan | ||
2002 | Highway | Piloto Kelson | |
Moonlight Mile | Joe Nast | ||
The Good Girl | Thomas 'Holden' Worther | ||
2003 | Abby Singer | Himself | (Cameo) |
2004 | The Day After Tomorrow | Sam Hall | |
2005 | Brokeback Mountain | Jack Twist | |
Jarhead | Anthony Swofford | ("Swoff") | |
Proof | Harold 'Hal' Dobbs | ||
2007 | Zodiac | Robert Graysmith | |
Rendition | Douglas Freeman | ||
2009 | Brothers | Tommy Cahill | |
Nailed | Howard Birdwell | ||
2010 | Prince of Persia: The Sands of Time | Príncipe Dastan | |
Love and Other Drugs | |||
2011 | Source Code | Colter Stevens | |
2012 | End of Watch | Bryan Taylor | |
2013 | Prisoners[1] | Detective Loki | |
2014 | Enemy | Adam Bell / Anthony Clair
Lou |
NotasEditar
- ↑ "'Prisoners', starring Hugh Jackman and Jake Gyllenhaal, begins filming in Atlanta in January". On Location Vacations. 11 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jake Gyllenhaal |