Taylor Swift
Taylor Alison Swift, nada o 13 de decembro de 1989 en West Reading, Pensilvania, é unha cantante e compositora country estadounidense.
Taylor Swift | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Taylor Alison Swift |
Alias | "Blondie", Industria Musical |
Data nacemento | 13 de decembro de 1989 (33 anos) |
Nado en | West Reading |
Cónxuxe | Joe Alwyn (dende o 2016) |
Irmáns | Austin Swift (irmán) |
Ocupación | actriz, pianista, intérprete de banxo, compositora, guitarrista, cantante, actriz de televisión, produtora musical, actriz de cinema, actriz de dobraxe, filántropa, letrista, compositora de cancións, figura pública, artista discográfico e cantautora |
Xénero | country, pop, rock alternativo, country pop, folk pop, electro pop, synth pop, bubblegum pop, country rock |
Instrumento(s) | Banxo, guitarra, piano, voz, ukelele |
Tipo de voz | mezzosoprano |
Selo(s) discográfico(s) | Big Machine |
Tempo en activo | 2004 - presente |
Pseudónimo | Nils Sjöberg |
Na rede | |
Sitio Web Oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
En 2006 publicou o seu primeiro sinxelo "Tim McGraw", que chegou ó número seis da lista country do Billboard. Máis tarde en outubro dese ano editou o seu primeiro álbum, que levaba o seu propio nome, os seus cinco sinxelos chegaron a estar os primeiros nas listas country .
Traballa coa discográfica independente Big Machine Records Segundo Nielsen SoundScan, Swift foi a artista que máis vendeu nos Estados Unidos en 2008, cunha venda combinada de máis de catro millóns de discos dos seus álbums, Fearless e Taylor Swift, que se situaron no número tres e seis respectivamente, con vendas de 2,1 e 1,5 millóns no ano. Taylor Swift está catalogada como triplo platino pola RIAA con 4 millóns de discos vendidos ata maio de 2009.
A comezos de 2009 converteuse na primeira cantante de country en contar con tres cancións con máis de dous millóns de descargas legais en internet e o 18 de febreiro de 2009 o seu sinxelo, Love Story pasou a ser a canción country con máis descargas da historia e a primeira en ocupar o primeiro lugar no Mainstream Top 40.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taylor Swift |