Jaime Terceiro

empresario galego

Jaime Terceiro Lomba, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1946, é un economista galego catedrático de universidade, expresidente de Caja Madrid e exdirector xeral do Banco Hipotecario de España e académico da Real Academia de Ciencia Morais e Políticas.

Infotaula de personaJaime Terceiro
Biografía
Nacemento(es) Jaime Terceiro Lomba Editar o valor en Wikidata
30 de abril de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , economista , banqueiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Buenaventura Terceiro Lomba Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1176529

Traxectoria

editar

Estudou a secundaria no Instituto de Pontevedra.[1] . É doutorado en enxeñaría aeronáutica con premio extraordinario e licenciado en Ciencias Económicas con premio extraordinario. En 1974 diplomouse en enxeñería na Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB). En 1978 foi profesor agregado e en 1980 catedrático de Econometría e métodos estatísticos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. De 1980 a 1981 foi vicerreitor Primeiro da Universidade Complutense.[2]

De 1981 a 1983 foi director xeral de Expansión e Director Xeral de Planificación e Investimentos do Banco Hipotecario de España. De 1988 a 1996 foi presidente executivo de Caja Madrid[3] e impulsou a súa expansión estatal. En 1995 foi nomeado académico de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.[4] Saíu da dirección de Caja Madrid por presións políticas do Partido Popular[5] e o seu lugar foi ocupado por Mercedes de la Merced.[6] En 2015 entrou a formar parte do consello de administración de AENA.[7]

Recibiu o premio Rei Juan Carlos I de Economía en 2012 polo seu labor precursor en detectar os problemas das caixas de aforro.[8]

  • Economía del cambio climático. ISBN 9788430607563 EAN:9788430607563.[9]
  1. "Historia_SC: Alumnado ilustre". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-02-04. 
  2. "Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". www.racmyp.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-04. 
  3. País, Ediciones El (1988-01-22). "El consejo de Cajamadrid nombra presidente a Jaime Terceiro Lomba". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  4. País, Ediciones El (1996-11-13). "Jaime Terceiro entra en la Academia de Ciencias Morales y Políticas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  5. País, Ediciones El (1996-09-05). "El PP logra los apoyos para relevar a Terceiro en Caja Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  6. País, Ediciones El (1997-07-01). "Mercedes de la Merced sustituye a Terceiro en el Consejo de Caja Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  7. País, El (2015-04-28). "José Luis Bonet y Terceiro se unen al consejo de administración de AENA". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  8. Noceda, Miguel Ángel (2012-09-25). "Jaime Terceiro Lomba recibe el premio rey Juan Carlos de Economía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-04. 
  9. "Economía del cambio climático de Jaime Terceiro Lomba". www.revistadelibros.com (en castelán). Consultado o 2019-02-04. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar