Jacob Theodor Klein

Jacob Theodor Klein, coñecido tamén como Plinius Gedanensium, nado o 15 de agosto de 1685 en Danzig (hoxe Gdańsk), e finado o 27 de febreiro de 1759 en Königsberg (hoxe Kaliningrado), foi un xurista, historiador, botánico, matemático e diplomático prusiano ao servizo de Augusto II, rei de Polonia, gran duque de Lituania e elector de Saxonia.

Infotaula de personaJacob Theodor Klein

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1685 Editar o valor em Wikidata
Königsberg, Prusia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1759 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Gdańsk Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Gdańsk Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , entomólogo , xurista , botánico , diplomático , historiador , naturalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKlein Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Klein naceu o 15 de agosto de 1685 en Danzig, na Prusia Real.[1]

Estudou historia natural na súa cidade natal, e utilizou a súa posición como secretario da cidade para fundar alí un xardín botánico (hoxe chámase Ogród Botaniczny w Oliwie).

Tratou en cuestións de nomenclatura zoolóxica e creou o seu propio sistema de clasificación dos animais, que se baseaba no número, a forma e a posición das extremidades.

Polo seu traballo no campo das ciencias naturais, Klein foi galardoado coa pertenza a varias sociedades científicas, entre elas a Royal Society de Londres e a Sociedade de Investigación de Danzig.

Faleceu o 27 de febreiro de 1759 en Königsberg, Prusia (agora Kaliningrado, Rusia).

Algunhas publicacións editar

  • Neuer Schauplatz der Natur, nach den Richtigsten Beobachtungen und Versuchen, in alphabetischer Ordnung, vorgestellt durch eine Gesellschaft von Gelehrten. Weidmann, Leipzig. v. 4 : 1–874. 1777
  • Natürliche Ordnung und vermehrte Historie der vierfüssigen Thiere. Schuster, Danzig 1760
  • Vorbereitung zu einer vollständigen Vögelhistorie. Schmidt, Leipzig, Lübeck 1760
  • Stemmata avium. Holle, Leipzig 1759
  • Tentamen herpetologiae. Luzac jun., Leiden, Göttingen 1755
  • Doutes ou observations de M. Klein, sur la revûe des animaux, faite par le premier homme, sur quelques animaux des classes des quadrupedes & amphibies du systême de la nature, de M. Linnaeus. Bauche, París 1754
  • Ordre naturel des oursins de mer et fossiles, avec des observations sur les piquans des oursins de mer, et quelques remarques sur les bélemnites... Bauche, París 1754
  • Tentamen methodi ostracologicæ  sive  Dispositio naturalis cochlidum et concharum in suas classes, genera et species. Wishoff, Leiden 1753
  • Quadrupedum dispositio brevisque historia naturalis. Schmidt, Leipzig 1751
  • Historiae avium prodromus. Schmidt, Lübeck 1750
  • Mantissa ichtyologica de sono et auditu piscium  sive  Disquisitio rationum, quibus autor epistolae in Bibliotheca Gallica de auditu piscium, omnes pisces mutos surdosque esse, contendit. Leipzig 1746
  • Historiæ piscium naturlais promovendæ missus quartus de piscibus per branchias apertas spirantibus ad justum numerum et ordinem redigendis. Gleditsch & Schreiber, Leipzig, Danzig 1744
  • Testaceo-Theologia. Con Friedrich Christian Lesser. Blochberger, Leipzig, Frankfurt 1744–70
  • Summa dubiorum circa classes quadrupedum et amphibiorum in celebris domini Caroli Linnaei systemate naturae. Leipzig, Danzig 1743
  • Naturalis dispositio echinodermatum. Schreiber, Danzig 1734
  • Kurtzer Entwurff einer Lithotheologie. Con Friedrich Christian LesserNordhausen. 1732
  • Descriptiones tubulorum marinorum. Knoch, Danzig 1731
  • An Tithymaloides. Schreiber, Danzig 1730

Abreviatura editar

A abreviatura Klein emprégase para indicar a Jacob Theodor Klein como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais

Notas editar

  1. A Prusia Real (en polaco: Prusy Królewskie; en alemán: Königlich-Preußen; en latín: Prusia regalis), tamén chamada "Prusia polaca", unha rexión do Reino de Polonia e da República das Dúas Nacións entre 1466 e 1772. Era a denominación dos distritos do Estado Monástico da Orde Teutónica que, despois da Segunda Paz de Torun de 1466, foron gobernados en unión persoal polos reis de Polonia da dinastía Xaguiellón. Despois da Unión de Lublin de 1569, a rexión quedou baixo administración directa da Coroa do reino de Polonia na República das Dúas Nacións (polaca-lituana). En 1772 foi unida ao reino de Prusia despois da primeira partición de Polonia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Geus, Armin: Die Kontroverse von R. A. F. de Réaumur und J. Th. Klein über Bau und Wachstum der Schneckenschalen. wn Janus. no. 65, Amsterdam 1978.
  • Robert Mortimer Gascoigne (1987): A Chronology of the History of Science, 1450-1900, Nova York: Garland. ISBN 0-8240-9106-X.

Ligazóns externas editar