Jack Swigert

astronauta estadounidense

John Leonard Swigert Jr., nado en Denver, Colorado, o 30 de agosto de 1931 e finado o 27 de decembro de 1982, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 13.[1][2]

Jack Swigert
Datos persoais
Nacemento30 de agosto de 1931
LugarDenver
Falecemento27 de decembro de 1982
Actividade
MisiónsApollo 13
Tempo no espazo5,95 días
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Salón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e Salón Espacial Internacional da Fama
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Swigert graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Colorado en 1953 e era máster en ciencia aeroespacial polo Instituto Politécnico Rensselaer en 1965 e máster en administración de empresas pola Universidade de Hartford en 1967.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando na misión Apollo 13. Pasou un total de 5,95 días no espazo. Swigert faleceu o 27 de decembro de 1982 en Washington, D.C., por complicacións dun cancro.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Swigert, John Leonard Jr 'Jack'" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 2022). "JOHN L. “JACK” SWIGERT, JR. NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar