Instituto Politécnico Rensselaer

Coordenadas: 42°43′48″N 73°40′39″O / 42.73000, -73.67750

O Instituto Politécnico Rensselaer, coñecido habitualmente como RPI (acrónimo de Rensselaer Polytechnic Institute), é unha universidade privada, unha das principais institucións dedicadas á docencia e á investigación, especialmente en ciencia e enxeñaría, dos Estados Unidos.

Instituto Politécnico Rensselaer
Rensselaer Polytechnic Institute
Rensselaer family COA.svg
Escudo da familia van Rensselaer, orixinarioa dos Países Baixos e que se trasladou a Nova Holanda fundando Rensselaerswyck
Datos xerais
LocalizaciónTroy, Nova York
Fundación1824, por Stephen Van Rensselaer
Datos actuais
ReitorShirley Ann Jackson (presidenta)
Profesores492
Alumnos6 179
4 888 (de pregrao)
1 291 (de posgrao)
Datos de contacto
Enderezo110 8th Street, Troy, Nova York
Páxina webhttps://www.rpi.edu/https://www.rpi.edu/

O Instituto está situado na cidade de Troy (Estado de Nova York), e foi fundado o 5 de novembro de 1824 co nome Rensselaer School.

Vista do campus do Instituto Politécnico Rensselaer.