Jabari Parker
Jabari Ali Parker, nado o 23 de febreiro de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Sacramento Kings – No. 33 | |
Ala / Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1995 (26 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Simeon (Chicago, Illinois) |
Universidade | Duke (2013–2014) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2014–2018) Chicago Bulls (2018–2019) Washington Wizards (2019) Atlanta Hawks (2019–2020) Sacramento Kings (2020–presente) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
O 26 de xuño de 2014, Parker foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks.[1] O 9 de xullo de 2014, Parker asinou o seu contrato cos Bucks e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014. O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA no primeiro partido da tempada para os Bucks, contra os Charlotte Hornets. Xogou 37 minutos comezando de titular, e fixo 8 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota de Milwaukee por 106-108 na prórroga.[2] Parker foi elixido coma o mellor rookie de outubro/novembro da Conferencia Leste.[3] O 15 de decembro de 2014, Parker sufriu unha lesión no ligamento cruzado anterior que lle apartou das pistas durante gran parte da tempada.[4]
O 14 de xullo de 2018, Parker asinou un contrato de dous anos e 40 millóns de dólares cos Chicago Bulls.[5]
O 6 de febreiro de 2019, Parker foi traspasado xunto a Bobby Portis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Washington Wizards a cambio de Otto Porter Jr..[6]
O 11 de xullo de 2019, Parker asinou cos Atlanta Hawks.[7]
O 6 de febreiro de 2020, Parker foi traspasado ós Sacramento Kings.[8]
NotasEditar
- ↑ "Cavs take Wiggins with No. 1 pick in NBA draft". NBA.com. 2014-06-26. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 2014-06-27.
- ↑ "Walker lifts Hornets over Bucks in OT, 108-106". NBA.com. 2014-10-29. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 2014-10-30.
- ↑ "Parker, Wiggins named Kia Rookies of the Month". NBA.com. 2014-12-03. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 2014-12-04.
- ↑ Stein, Marc (2014-12-16). "Bucks' Jabari Parker has torn ACL". ESPN. Consultado o 2014-12-17.
- ↑ "Bulls sign Jabari Parker". NBA.com. 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018.
- ↑ "Bulls complete trade with Wizards". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ "Atlanta Hawks Sign Free Agent Jabari Parker". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ "Kings Acquire Alex Len and Jabari Parker". NBA.com. 6 de febreiro de 2020.