J.J. Santos

xornalista español

José Javier Santos Rubio, tamén coñecido como J. J. Santos, nado en Madrid o 29 de xullo de 1960, é un xornalista deportivo español. É, dende 2006, o subdirector de informativos para a área de deportes da cadea de televisión Telecinco, onde exerce tamén como narrador de partidos e presentador da sección de deportes do respectivo telexornal.[1]

Infotaula de personaJ.J. Santos

(2016) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) J. J. Santos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Javier Santos Rubio Editar o valor em Wikidata
29 de xullo de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - xornalismo (1978–1983)
Facultad de Medicina (Universidad Complutense de Madrid) (en) Traducir - Licentiate of Medicine (en) Traducir (1977–1978) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , realizador de rádio (pt) Traducir , Tertuliano radiotelevisivo , comentarista deportivo , empresario de medios , locutor , presentador de novas , presentador de televisión , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGrupo PRISA (2000–2002)
RTVE (1997–2000)
Atresmedia (1991, 2002–1994, 2006)
Mediaset España (1991, 1994, 2006–1991, 1997)
Radio España (en) Traducir (1978–1991) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJornalismo desportivo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRaúl, Sergio Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1770263 Twitter: josjaviersantos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus inicios profesionais remóntanse a 1978, cando se incorpora a Radio España de Madrid. Durante anos, dirixiu o espazo El Deportivo nas madrugadas da emisora até fichar en 1991 por Onda Cero, onde se fai cargo de El Penalti. En Telecinco conduciu o espazo deportivo Futbolísimo en 1991 xunto a Andrés Aberasturi.[2]

En 1987 recibiu a Antena de Ouro.

En 1994, o entón director de informativos da cadea, Luís Mariñas, decide incorporalo á sección deportiva do informativo que conducía José Ribagorda. Ademais narrou o Giro de Italia.

En 1997 produciuse a súa fichaxe, xunto coa de Ribagorda, por Televisión española, e durante os seguintes tres anos fíxose cargo da sección de deportes no Telediario.

Pasa nese momento, no ano 2000, a centrar a súa actividade no diario As.

Posteriormente, en 2002, marchou a Antena 3 como presentador da sección deportiva na segunda edición do informativo Antena 3 Noticias, xunto con Matías Prats, ademais de asumir a dirección de deportes da cadea.

Coincidindo co seu paso por Antena 3, e entre 2004 e 2006, conduciu o espazo deportivo Al primer toque na emisora Onda Cero, labor no que substituíu a Manu Carreño.

Finalmente, en 2006 Pedro Piqueras faise coas rendas das noticias en Telecinco e Jota Santos de novo conduce a sección de deportes dos Informativos de Telecinco, tras o abandono de Juan Antonio Villanueva.

Con Telecinco en 2010 retransmitiu algúns partidos do Mundial de Suráfrica.[3]

Notas editar

  1. "JJ Santos ficha por Telecinco". vertele (en castelán). 31 de agosto de 2006. 
  2. Caminal, Jordi Batlle (13 de agosto de 1991). "Futbolísimo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  3. "Entrevista - Memorias de Sudáfrica 2010 con J.J. Santos: "Fue el Mundial perfecto, imposible sacarle más partido en TV"". vertele (en castelán). 10 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar