Abrir o menú principal

J. G. Ballard

escritor británico
(Redirixido desde "J.G. Ballard")

James Graham Ballard, nado o 18 de novembro de 1930 e finado o 19 de abril de 2009, foi un escritor británico de ficción científica. Un gran número dos seus escritos describen distopías.

J. G. Ballard
Nacemento15 de novembro de 1930
 Shanghai
Falecemento19 de abril de 2009
 Londres
CausaCancro de próstata
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Cambridge e King's College
Ocupaciónnovelista, escritor e escritor de ciencia ficción
FillosBea Ballard
Coñecido/a porCrash, Empire of the Sun, The Drowned World e The Crystal World
PremiosJames Tait Black Memorial Prize
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nace en Shangai. Durante a Segunda Guerra Mundial foi encerrado nun campo de concentración xaponés, experiencia que relataría na súa obra Empire of the Sun e que máis tarde levaría ao cine Steven Spielberg no filme O imperio do sol.

En 1946 a súa familia trasládase a Gran Bretaña e inicia estudos de medicina na Universidade de Cambridge, aínda que non os completará. Traballa como redactor nun xornal técnico e como porteiro do Covent Garden antes de incorporarse á RAF en Canadá, como piloto. Máis tarde traballaría como adxunto á dirección dunha revista científica.

Os seus primeiros contos datan de 1956 e nos anos 60 convértese nun dos autores de referencia da chamada Nova onda da ficción científica inglesa.

ObraEditar

  • O furacán cósmico, tamén publicada como O vento da nada (1962)
  • Bilenio (1962) (recompilación de contos)
  • As voces do tempo (1962) (recompilación de contos)
  • O mundo mergullado (1963)
  • Pasaporte á eternidade (1963) (recompilación de contos)
  • Praia terminal (1964) (recompilación de contos)
  • A seca (1964)
  • O mundo de cristal (1966)
  • O home imposible (1966) (recompilación de contos)
  • Zona de catástrofe (1967) (recompilación de contos)
  • The Overloaded Man (1967) (recompilación de contos)
  • A exhibición de atrocidades (1970) (recompilación de contos)
  • Chronopolis (1971) (recompilación de contos)
  • Vermilion Sands (1973) (recompilación de contos)
  • Crash (1973) (adaptación cinematográfica de David Cronenberg, en 1997)
  • A illa de cemento (1974)
  • Rañaceos (1975)
  • Aparello de voo rasante (1976) (recompilación de contos)
  • Compañía de soños ilimitada (1979)
  • Ola, América (1981)
  • Mitos do futuro próximo (1982) (recompilación de contos)
  • Empire of the Sun (1984) (adaptación cinematográfica de Steven Spielberg, en 1987)
  • O día eterno (1985) (recompilación de contos)
  • O día da creación (1987)
  • Furia Feroz (1988)
  • Memories Of The Space Age (1988) (recompilación de contos)
  • War Fever (1990) (recompilación de contos)
  • The Kindness Of Women (1991)
  • Noites de cocaína (1994)
  • Rushing To Paradise (1996)
  • Guía do usuario para o novo milenio (1996) (recompilación de contos)
  • Super-Cannes (2000)
  • The Complete Short Stories of J. G. Ballard (2001)
  • Millennium People (2003)
  • J.G. Ballard: Quotes (2004)
  • J.G. Ballard: Interviews (2005)