Isabel Preysler

María Isabel Preysler Arrastía, nada en Manila o 18 de febreiro de 1951 é unha socialite e presentadora de televisión hispano-filipina.[1][2][3][4] É a nai dos cantantes Enrique Iglesias e Julio Iglesias Jr. e da xornalista Chabeli Iglesias.

Isabel Preysler
XIII Prix Diálogo - Ceremonia de entrega (26929489404) (cropped).jpg
Nome completoMaría Isabel Arrastia Preysler
Nacemento18 de febreiro de 1951
 Manila
NacionalidadeEspaña e Filipinas
EtniaPobo pampango e Pobo español
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsocialité, modelo e presentadora de televisión
PaiCarlos Preysler y Pérez de Tagle
NaiBeatriz Arrastia y Reinares
CónxuxeJulio Iglesias, Miguel Boyer e Carlos Falcó
FillosEnrique Iglesias, Julio Iglesias, Jr., Chábeli Iglesias, Tamara Falcó Preysler e Ana Boyer Preysler
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anos e familiaEditar

Preysler naceu en Manila, Filipinas, terceira de seis fillos dunha familia adiñeirada de ascendencia española e kapampangan. O seu pai, Carlos Preysler y Pérez de Tagle, era director executivo de Philippine Airlines e formaba parte da directiva do Banco Español de Manila,[5] mentres que a súa nai, María Beatriz Arrastia y Reynares, era a dona dunha compañía de bens inmobles en Manila.[5][6] É sobriña da actriz Neile Adams, media irmá da súa nai, e prima do actor estadounidense Steven R. McQueen, neto de Neile.[7]

A familia Pérez de Tagle, ramo cadete da dinastía española que tiña o marquesado de Altamira dende o século XVI, producía abacá e copra. A familia Arrastía é da provincia de Pampanga. A súa cidade era Lubao, lugar da antiga catedral de San Nicolao Tolentino.

CarreiraEditar

Preysler asistiu a unha escola católica privada. Durante a súa mocidade, foi modelo e participou en concursos de beleza e eventos de caridade. Aos dezaseis anos, marchou a Madrid para vivir co seu tío e a súa tía e estudar no Mary Ward College, institución católica irlandesa, onde estudou contabilidade.

Preysler comezou a traballar como xornalista na revista do corazón española ¡Hola! en 1970, e o seu primeiro entrevistado foi o seu futuro marido Julio Iglesias. En 1984, presentou un programa de televisión de estilo de vida Hoy en Casa e dende entón presentou varios programas. En maio de 2001 foi convidada de honra do príncipe Carlos na apertura do seu xardín español no Chelsea Flower Show en Inglaterra. De novo foi a súa convidada de honra en 2005 nunha festa durante unhas vacacións en España. En 2004, Preysler deu a benvida a España a David e Victoria Beckham cando preparou unha festa de benvida na súa casa para a parella de celebridades. Trabou amizade con Victoria e foi fotografada habitualmente indo de compras con ela mentres viviu en Madrid.

Preysler continúa a ser a voceira para España de Ferrero Rocher, a xoiaría Suárez, Manolo Blahnik, Chrysler e Porcelanosa.

Os lectores da revista ¡Hola! votaron a Preysler como a muller máis elegante e mellor vestida de España en 1991, 2002, 2006 e 2007.[8]

En 2006, Preysler foi honrada xunto con Hillary Clinton, Shakira e Yoko Ono entre outras co premio Women Together, outorgado polas súas contribucións filántropicas ás Nacións Unidas en Nova York, sendo a primeira muller de orixe filipina en recibilo.[9]

Vida privadaEditar

En 1970, Preysler foi presentada ao futbolista retirado Julio Iglesias, que acababa de asinar un contrato de gravación para converterse en cantante. Iglesias convidouna a un concerto de Juan Pardo.[10] A parella casou sete meses despois, o 29 de xaneiro de 1971. A parella tivo tres fillos, María Isabel (nada en 1971), Julio José (nado en 1973) e Enrique Miguel (nado en 1975) e divorciáronse en 1979.

Preysler casou con Carlos Falcó, Marqués de Griñón o 23 de marzo de 1980.[11] A parella tivo unha filla, Tamara Isabel Falcó (nada en 1981).

O seu terceiro matrimonio foi co ex ministro de economía español Miguel Boyer. O matrimonio durou ata a morte del o 29 de setembro de 2014 e a parella tivo unha filla, Ana Isabel Boyer (nada en 1989).[11]

Mantén unha relación co escritor peruano premio Nobel Mario Vargas Llosa.[12]

NotasEditar

  1. "The return of Isabel Preysler". Inquirer. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2009. Consultado o 25 de novembro de 2007. 
  2. "Preysler Family" (PDF). www.geocities.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 09 de abril de 2020. 
  3. "Musica - Biografia". vh1la. 
  4. Arce, R. "Filipino peoples' Real Ancestry". Filipino Cultured. 
  5. 5,0 5,1 "Isabel Preysler". Yahoo! Noticias España. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2008. Consultado o 09 de abril de 2020. 
  6. "Isabel Preysler - Profiles". Hola. 
  7. "10 cosas (+2) que nadie te va a contar de Isabel Preysler" (en castelán). 
  8. "Isabel Preysler, elegida la mujer más elegante de 2007" (en castelán). Hola. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2019. Consultado o 09 de abril de 2020. 
  9. "Awards Women Together - Women Together Awards". Miguel Villarino. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 5 de abril de 2006. 
  10. "Julio Iglesias - Biography". Musica. 
  11. 11,0 11,1 "Spain's Insiders in Insider Scandal". The New York Times (en inglés). 23 de maio de 1992. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  12. "Mario Vargas Llosa confirma que ha pedido el divorcio a su esposa". El País (en castelán). 17 de novembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015.