Isabel Greenberg

Isabel Greenberg, nada en 1988,[1][2] é unha galardoada novelista gráfica e ilustradora.

Isabel Greenberg
Nacemento1989
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversity of Brighton
Ocupaciónilustradora e artista de banda deseñada
editar datos en Wikidata ]

O seu primeiro libro, The Encyclopedia of Early Earth, foi publicado en 2013 por Jonathan Cape no Reino Unido e pola Random House en Canadá.[3]

TraxectoriaEditar

Greenberg publicou en The Guardian, The Observer, The New York Times e Nobrow Press.[4]

En 2013, foi un/ha dos/as 20 principais deseñadores/as gráficos e ilustradores que participaron na exposición no Memory Palace no Victoria and Albert Museum, patrocinado por Sky Arts.[5] Unha peza orixinal de ficción de Hari Kunzru foi transformada nunha novela gráfica sen barreiras'.[6]

En 2014, foi seleccionada como Pick Me Up en Somerset House.[7]

Traballou con Chatham Dockyard, Tyntesfield House e con The Museum of Marco Polo.[7]

The Observer/Cape/Comica Graphic Short Story PrizeEditar

Entrou por primeira vez no premio en 2009 quedando na segunda posición.

Entrou de novo en 2011 e gañou[8] con Love in a Very Cold Climate. Nunha historia de amor sobre un Nord, un habitante do polo norte e un Suit, un habitante do polo sur, que nunca pode tocar.

The Encyclopedia of Early EarthEditar

A primeira novela gráfica de Greenberg, The Encyclopedia of Early Earth, é unha serie de historias entrelazadas ambientadas en Early Earth, onde tamén se ambientou o seu relato curto premiado. Rachel Cooke, facendo a recensión deste libro en The Guardian, dixo "o seu libro marabilloso xa se sente como un clásico" e comparouna con Tove Jansson.[9] Foi traducida ao alemán, ao castelán e ao francés.[10]

En 2016, Greenberg publicou a súa segunda novela gráfica, The One Hundred Nights of Hero.[11][12]

Vida persoalEditar

Greenberg estudou ilustración na Brighton School of Art.

Greenberg actualmente vive en Londres, Inglaterra.

Na GalizaEditar

En 2019 foi convidada a participar no Festival Viñetas desde o Atlántico.[13]

NotasEditar

  1. "Isabel Greenberg". Impedimenta. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  2. Constenla, Tereixa (22 de outubro de 2017). "Érase una vez un cuento sin príncipe". El País. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  3. ...http://www.isabelnecessary.com/The-Encyclopedia-of-Early-Earth...
  4. "isabelnecessary.com". isabelnecessary.com. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2016. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  6. Wainwright, Oliver (18 de xuño de 2013). "Hari Kunzru's Memory Palace creates a 'walk-in' graphic novel at the V&A" – vía The Guardian. 
  7. 7,0 7,1 ..http://www.somersethouse.org.uk/visual-arts/pick-me-up-2014/pick-me-up-selects...
  8. ...https://www.theguardian.com/books/2011/nov/06/observer-graphic-short-story-prize-greenberg...
  9. Cooke, Rachel (14 de outubro de 2013). "The Encyclopedia of Early Earth by Isabel Greenberg – review" – vía The Guardian. 
  10. "About Isabel Greenberg - isabelnecessary". www.isabelnecessary.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2018. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  11. Serrao, Nivea. "'The One Hundred Nights of Hero': EW Review". EW.com (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2018. 
  12. "Isabel Greenberg llena de leyendas y mujeres el cómic "Las noches de Hero"". Eldiario.es. 22 de setembro de 2017. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  13. "Viñetas desde o Atlántico contará con Isabel Greenberg, Tony Sandoval e David Sala". Cultura galega. 31 de maio de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019.