Iraklis Thessaloniki B.C.
O Iraklis Thessaloniki B.C. (en grego: ΚΑΕ Ηρακλής), é un equipo de baloncesto grego da cidade de Tesalónica, que xoga na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto heleno. Disputa os seus partidos como local no Ivanofio, con capacidade para 2.500 espectadores.
Iraklis Thessaloniki B.C. | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | ΚΑΕ Ηρακλής Θεσσαλονίκης |
Liga | A2 Ethniki |
Fundación | 1924 |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Theodoros Drakopoulos |
Adestrador | Lefteris Chatzikyriakidis |
Localización | |
Cidade | Tesalónica, Grecia |
Pavillón | Ivanofio |
Capacidade | 2.443 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Liga | 2 (1928, 1935) |
Historia
editarForma parte dun club polideportivo creado en 1908, o Gymnastic Club Iraklis Thessaloniki, ao que tamén pertence a sección de fútbol, o Iraklis FC, aínda que a sección de baloncesto non se fundou ata 1924. O nome do equipo provén do deus grego Hércules. Gañou o primeiro Campionato de Grecia, en 1928, repetindo título en 1935, nos que son os seus únicos títulos. Xa na era moderna, permaneceu na A1 Ethniki ata o 2006, acadando os seus mellores resultados en 1995 e 2004, quedando en terceira posición. Participou en 16 ocasións en competicións europeas, sendo as súas mellores clasificacións as semifinais acandadas na Copa Saporta en 1995 e 1997.
Palmarés
editar- Liga de Grecia
- Campións (2): 1928, 1935
- Copa de Grecia
- Subcampión (3): 1981, 1994, 1996
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarSitio web oficialArquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.