Intercomunicador

Un intercomunicador é un sistema de comunicación electrónico autónomo que permite falar de xeito limitado ou con carácter privado. Os intercomunicadores poden ser sistemas móbiles pero polo xeral fíxanse permanentemente en edificios ou vehículos. Os intercomunicadores poden incorporar conexións a walkie-talkie, teléfonos ou móbiles ou a sinais de luces ou teclas.

Intercomunicador nun hotel

Intercomunicadores permanentesEditar

Os intercomunicadores atópanse en moitos tipos de vehículos, aeronaves, embarcacións, trens, carros de combate, en estradas, vías de ferrocarril e estacións de metro e mais tamén en edificios, nos hoteis para comunicaren os cuartos coa recepción ou o sistema de interfono dos edificios de vivendas coñecido como porteiro automático que permite abrir a porta do edificio desde a vivenda.

Intercomunicadores móbilesEditar

Os intercomunicadores móbiles empréganse especialmente en acontecementos deportivos, teatrais ou en espectáculos televisivos e tamén para uso militar.

Galería de imaxesEditar