Abrir o menú principal

Instituto de Investigacións Mariñas

Coordenadas: 42°13′32.81″N 8°45′8.17″O / 42.2257806, -8.7522694

Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, CSIC.

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) é un centro de investigación mariñas e pesqueiras que pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas e que se atopa en Bouzas, Vigo. Creouse no 1951 e dependeu do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona ata o 1978, cando se desvencellou del e recibiu o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. O nome actual asignóuselle en 1986[1]

Liñas de investigaciónsEditar

O IIM adícase especialmente ao estudo dos ecosistemas mariños, á fisioloxía e enfermidades de organismos acuáticos cultivados, aos produtos mariños de consumo e aos problemas ambientais xerados por actividades humanas en costas.

Os departamentos do IIM e a as súas liñas de investigación son [2]:

HistoriaEditar

En 1943 o CSIC creou o Instituto de Bioloxía Aplicada e no 1949 creou a súa sección de bioloxía mariña. No 1951 esa sección recibiu a denominación de Instituto de Investigacións Pesqueiras. Ese ano creáronse os laboratorios costeiros de Blanes, Vinaròs, Castelló e o de Vigo. No ano 1957, trala creación do centro de Cádiz, creouse o centro de Barcelona, do que pasaron a depender tódolos laboratorios[1][3].

O IIM dependeu do IIM de Barcelona ata o 1978, dándoselle o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. No 1986 recibiu o nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Antes de se inaugurar o edificio actual de Bouzas no 1973, o centro ocupaba parte do Instituto Alemán de Vigo, entre os anos 1951 e 1960 e unha sede enteira na Avenida Orillamar dende o 1961 ata o 1973. Foi no 1973 cando o IIM pasou á súa actual localización en Bouzas.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Historia do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 06 de xaneiro de 2014. 
  2. "Estrutura do IIM". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 06 de xaneiro de 2014. 
  3. "Historia do Instituto de Investigacións Mariñas de Cádiz". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 06 de xaneiro de 2014. 

Véxase taménEditar