Illas Tanimbar
Illas Tanimbar | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Saumlaki |
País | Indonesia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Molucas |
Linguas | |
Poboación (2009) | 60.000 hab. |
Superficie | 5.500 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 7°30′S 131°30′L / -7.500, -131.500 |
Maior Altura | |
Localización | |
As Tanimbar (ou Timor Laut) son un grupo de 66[1] illas pertencentes a Indonesia, dentro da provincia das Molucas.
De 5.500 km² e uns 60.000 habitantes, atópanse entre Timor e Nova Guinea. A illa principal é Yamdena, de 2.900 km², onde se atopa Saumlaki, a localidade máis importante; outras das maiores illas son Selaru e Larat. Nelas cultívanse millo, arroz, batata, manga e papaia. Tamén hai pesca de nácara e trepang.
Como o resto de illas orientais indonesias, as Tanimbar pertencen a área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. Atópanse especies como a rara cacatúa de Tanimbar (Cacatua goffini), a curuxa de Tanimbar (Tyto sororcula) ou o Tiliqua Scincoides chimaerea.
As illas Tanimbar foi de sempre unha área illada. Aínda que nominalmente holandesa durante séculos, os holandeses non a pacificaron ata comezos do século XX. Ata 1979 cada vila gobernábase arredor dun gobernante hereditario.[2]
Relixión
editarSegundo o censo indonesio o 71% da poboación é cristián e o 29% musulmá [3] En 1892 estableceuse no arquipélago o primeiro pastor protestante e para 1920 dous terzos da poboación era protestante, os católicos que chegaran en 1910 constituían o resto da poboación, e apenas había musulmáns na rexión[4],
Notas
editar- ↑ Susan McKinnon From a Shattered Sun: Hierarchy, Gender, and Alliance in the Tanimbar Islands, 1991, ISBN 0299131548, páxina 4
- ↑ David G. Anderson e Eeva K. Berglund Ethnographies of Conservation, 2004 ISBN 1571816968, páxina 53
- ↑ En Indonesia, estatisticamente, clasifícase como musulmá a calquera persoa que non indique pertenza a unha das principais relixións do país.
- ↑ Karel Steenbrink Catholics in Indonesia 1808-1942, 2003, ISBN 9067182605, páxina 206