Illa Kotelni

(Redirección desde «Illas Kotelny/Faddeyevsky»)

Kotelni (en ruso oстров Котельный, óstrov Kotelni) é a illa principal do arquipélago ruso das Nova Siberia, no Ártico. O arquipélago forma parte do grupo das illas Anzhu, situadas a norte das costas da Sibéria Oriental, entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental. No plano administrativo está incluída na Iacutia.

Modelo:Xeografía físicaIlla Kotelni
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Anzhu Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas de Nova Siberia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaBulunsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 75°26′20″N 138°49′36″L / 75.4389, 138.8267
Bañado porOcéano Ártico, Mar de Laptev e Mar de Siberia Oriental Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude361 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMalakatyn-Tas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (374 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie23.200 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1773 Editar o valor en Wikidata
Localización de Kotelny no subgrupo de Anzhu.
Localización de Kotelny no subgrupo de Anzhu.

Kotelni, con 11.665 km², está conectada á veciña illa Faddeievski, de 5.300 km², por unha ponte de area que foi formada ao longo dos séculos pretéritos: a Terra de Bunge, con 6.100 km². O conxunto, con 23.200 km², forma parte das 50 maiores illas da Terra. A Terra de Bunge é pouco elevada (8 m de altitude máxima) e queda periodicamente submerxida. O punto máis alto da illa é o monte Malakatyn-Tas (374 m).

A illa ten clima polar. A estación meteorolóxica da costa noroeste da illa marca unha temperatura anual media de -14,3 °C, sendo o mes máis quente xullo, con 2,5 °C, e o máis frío xaneiro con -29,8 °C. A precipitación media é de 131 mm repartidos ao longo do ano, cun lixeiro máximo en xullo e agosto. A superficie está cuberta de xeo ou tundra. Hai poboacións de raposos-árticos. Atopáronse en Kotelni esqueletos de mamut.

A illa foi descuberta no século XVIII por Ivan Liachov, mercador ruso que buscaba ósos e dentes de mamut. A veciña illa Faddeev foi descuberta por Iakov Sannikov en 1805, que na compañía de Matvei Gedenstrom explorou e cartografiou as illas entre 1808 e 1810.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar