Illas Anzhu
Coordenadas: 75°28′30″N 143°02′31″L / 75.47500, -143.04194
As illas Anzhu (en ruso, острова Анжу) son un grupo de illas localizadas no Ártico Siberiano, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia. Este grupo de illas é un territorio practicamente deshabitado.


Administrativamente, as illas pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.
Xeografía editar
As illas están situadas entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental, na zona ártica de Rusia. A superficie total das illas é de aproximadamente uns 29.000 km².
As principais illas do grupo de Anzhu son (de oeste a leste):
- Illa Kotelni (Котельный), o conxunto formado polas illas Kotelny, Terra Bunge e Faddeyevsky, que con 23.165 km².
- Terra Bunge (Земля Бунге)
- Illa Faddeyevsky (Фаддеевский)
- Illa de Nova Siberia, con 6.201 km², a 9ª illa de Rusia.
- Illa de Belkov, de 535 km².
Historia editar
As illas Anzhu levan o seu nome en honra do oficial naval e explorador ruso Pyotr Anzhu, que no transcurso dunha expedición ás costas siberianas dirixida por Ferdinand von Wrangel (1820-24) realizou o primeiro mapa das illas.