Île aux Cochons

(Redirixido desde "Illa dos Porcos")
Illa dos Porcos
Vista da illa
Ile aux Cochons.jpg
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Índico
Arquipélago Crozet
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 67 km²
Densidade
Coordenadas 46°06′S 50°14′L / -46.100, -50.233
Maior Altura 770 m. Mont Richard-Foy
Localización
Localización da illa

A Illa dos Porcos (en francés:Île aux Cochons) é unha illa pertencente ao arquipélago das illas Crozet, un territorio subantártico situado ao sur do Océano Índico e administrado por Francia. Forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Por mor da erosión das ondas o seu litoral está caracterizado por cantiis que dificultan o acceso á illa, fóra da zona do cabo Verdoyant.

Actividade volcánicaEditar

Os estudos sobre a vulcanoloxía da illa foron efectuados no ano 1981 por G. Boudon.

A illa é un estrato volcánico de tipo central, do mesmo xeito que as illas de San Pablo e Amsterdam, sendo a maior altitude o cráter de Richard-Foy (770 metros). Parece que a illa formouse durante dúas fases distintas de actividade volcánica.

  • Primeira fase: Depósitos e formacións de 400 m nas orientacións este-nordés e oeste-suroeste do norte da illa (zona chamada de Les Cinq Géants, e ao sur-sueste e norte-noroeste ao sur da illa (Pointe Sud).
  • Segunda fase: Producida logo da tectónica da fálla, pola axitación da caldeira do monte Richard-Foy, unha pequena caldeira axial aberta ao sur. Fai máis de 5.500 anos a caldeira, así como varios conos presentes nas súas inmediacións, estivo activa.

Aínda hoxe os volcáns permanecen potencialmente activos.

FaunaEditar

A fauna consiste esencialmente en aves (pingüíns e albatros) e mamíferos mariños (otarios e elefantes mariños. As saia sur do volcán, ao nivel do cabo Verdoyant, alberga unha das concentracións máis importantes de pingüíns reais.