Illa de Sazan

illa de Albania

A illa de Sazan (en albanés: Sazani; en italiano: Saseno; en grego Σάσων) é unha pequena illa estratexicamente localizada á entrada da baía de Vlorë, en Albania. A illa ten unha superficie de 5 km² e está deshabitada. No presente utilízase para prácticas militares.

Modelo:Xeografía físicaIlla de Sazan
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Vlorë, Albania Editar o valor en Wikidata
Localizaciónmar Adriático Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°30′N 19°17′L / 40.5, 19.28
Bañado pormar Adriático Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude59 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2 (ancho) × 4,7 (lonxitude) km
Superficie5 km² Editar o valor en Wikidata
Illa de Sazan dende o porto de Vlorë.

Historia

editar

A illa coñecíase na Antigüidade co nome de Saso. Durante a Idade Moderna, a illa pertenceu orixinalmente a Venecia. A illa pasou a formar parte do Protectorado de Inglaterra tralas guerras napoleónicas, formando parte das posesións de Inglaterra no mar Xónico. A illa cedeuse a Grecia, xunto co resto das illas xonias en 1864. Trala segunda guerra balcánica (1913), Italia e Austria meteron presión a Grecia para que evacuase a illa ó sur de Albania. Considerándoa de pouca importancia estratéxica, Grecia evacuou a illa, que volveu ser ocupada por Italia o 30 de outubro de 1914. Baixo o goberno italiano converteuse nunha base militar, sendo ratificada o 26 de abril de 1915, como parte do segredo Tratado de Londres.

Trala primeira guerra mundial, Albania cedeu formalmente a illa a Italia o 2 de setembro de 1920 como parte do protocolo albano-italiano.

A illa foi devolta a Albania o 10 de febreiro de 1947, cumprindo os tratados que garantían o fin da segunda guerra mundial.

Véxase tamén

editar