Illa de Santo Antón
- Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña.
Coordenadas: 42°18′34″N 8°37′46″O / 42.3094444444, -8.62944444444
A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.
Illa de Santo Antón | |
---|---|
![]() O arquipélago na ría de Vigo | |
Mapa do arquipélago de San Simón | |
Situación | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Provincia | Pontevedra |
Arquipélago | illa de Santo Antón e San Simón |
Mar | Ría de Vigo |
Xeografía | |
Superficie | 1,2 Ha km² |
Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían.
O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista.
No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural.[1]
No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.
Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.