A Illa Sorna é unha illa ficticia da novela de Michael Crichton The Lost World e nos posteriores filmes baseados nela, Parque Xurásico, The Lost World: Jurassic Park e Jurassic Park III. É a segunda illa da empresa InGen que posúe dinosauros. Pertence á cadea de illas ficticias coñecidas como As Cinco Mortes.

Neste mapa ficticio da saga Parque Xurásico pódese apreciar a suposta localización xeográfica da illa de Sorna no arquipélago As Cinco MOrtes.

Ó contrario da illa Nublar, onde os dinosauros estaban en gaiolas con arames electrificados para ser exhibidos ó público, na illa Sorna estes campaban ceibos.

Descrición editar

Segundo o filme, a illa Sorna estaría aproximadamente a 207 millas de Costa Rica, no océano Pacífico. Está a 87 millas da illa Nublar.

Cando John Hammond artellou o parque, deseñou o lugar para que funcionara como granxa de produción. Consta de varios tipos de instalacións que serviron ós traballadores, científicos e programadores. No recinto principal atópase a administración e os aloxamentos dos científicos e enxeñeiros. Ademais, está a Administración de Embrións, o lugar onde se desenvolvían as crías, e onde tamén se levou a cabo o Proxecto Spinosaurus, que non estaba na lista oficial de InGen.

No campamento de traballadores están os postos dos empregados e contratistas de InGen, e é onde vivían a maioría deles. É un recinto pechado e electrificado. Dentro está o Centro de Enerxía Xeotérmica, as radios principais, e o control total da illa Sorna.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar