Illa Santa Inés
A illa de Santa Inés é unha illa de Chile que forma parte do arquipélago de Terra do Fogo, localizada ao suroeste da península de Brunswick, da que está separada polo estreito de Magallanes e outras illas menores. Ten unha superficie de 3.688 km², sendo a illa máis grande da comuna de Punta Arenas e a terceira maior do arquipélago de Terra do Fogo, logo da illa Grande e da illa Hoste.
Santa Inés | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Chile |
Rexión | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena |
Arquipélago | Terra do Fogo |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 53°45′S 72°45′O / -53.750, -72.750Coordenadas: 53°45′S 72°45′O / -53.750, -72.750 |
Xeografía | |
Superficie | 3.688 km² |
Longura máxima | 92 km. |
Largura máxima | 55 km. |
Perímetro | 1.098´1 km |
Punto máis alto | 1.341 m. |
Distancia a terra | 6 km. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Características editar
Administrativamente, pertence á comuna de Punta Arenas, á Provincia de Magallanes e á XII Rexión de Magallanes e da Antártida Chilena.
O seu litoral nesta área é parte da Área Protexida Costeira e Mariña de Francisco Coloane. O resto da illa é parte da Reserva Nacional Alacalufes, do mesmo xeito que a illa Desolación e a península de Córdova. Esta última atópase enfronte da illa, no outro lado do estreito de Magallanes e é unha península da illa Riesco. A illa pertence ao arquipélago de Terra do Fogo. O punto máis alto da illa está a 1.341 metros.
A illa alberga un pequeno campo de xeo chamado Grandes Ventisqueros. Ten unha costa moi recortada con varios fiordes.