A Illa Isabel II é unha das tres illas que forman o pequeno arquipélago das illas Chafarinas, situado ao norte do continente africano e que constitúen unha das prazas de soberanía españolas.

Modelo:Xeografía físicaIlla Isabel II
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Chafarinas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMelilla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°12′N 2°24′O / 35.2, -2.4
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude35 m Editar o valor en Wikidata
Superficie0,153 km² Editar o valor en Wikidata
OcupanteExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata

A illa ten 15,3 hectáreas e o seu nome provén da raíña Isabel II de España. Está constituída fundamentalmente por andesitas piroxénicas. Na zona non ocupada pola base militar, cuxa superficie rolda a metade da illa, acháronse 58 especies botánicas distintas.

Poboación

editar

É a única illa habitada das tres. Aínda que chegou a contar cunha poboación próxima aos mil habitantes, na actualidade só se atopa nela unha gornición militar, ademais de persoal do Ministerio de Medio Ambiente de España, por ser as illas un Refuxio Nacional protexido pola riqueza das súas especies naturais.

Durante os meses de verán vive tamén na illa un grupo de arqueólogos que realizan escavacións no xacemento neolítico descuberto na Illa do Congreso, chamado El Zafrín, do V milenio a.C., encabezados polo Instituto de Cultura Mediterránea.

Edificacións

editar
 
Igrexa da Purísima Concepción en 1893.

A illa conta con distintas edificacións de carácter castrense. Ademais, conta con edificios como a igrexa da nosa Señora da Concepción e a Torre da Conquista, ambas de mediados do século XIX, ademais dun faro, construído a principios do século XX.

Igrexa da nosa Señora da Concepción

editar

Ademais dos edificios e instalacións de carácter militar, conta a illa cunha igrexa de nave única de ao redor de 250 metros cadrados construída entre 1851 e 1853 baixo a advocación da Virxe da Concepción, que se atopa actualmente en grave estado de abandono. Foi o vicario interino da igrexa parroquial de Melilla, Bartolomé de Fuentes, quen puxese ás tres illas baixo a advocación da Virxe o mesmo día da ocupación, o 6 de xaneiro de 1848. Foi rehabilitada nunha ocasión, en 1951.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar