Illa Great Tobago

Gran Tobago é unha illa deshabitada das Illas Virxes Británicas no Caribe, situada xunto á illa irmá Pequeno Tobago aproximadamente a nove quilómetros e medio ao oeste de Jost Van Dyke. Os Tobagos son as máis occidentais das Illas Virxes Británicas.[1]

Great Tobago
Pequeno Tobago (esquerda) e Gran Tobago (dereita)
Localización da illa, na parte esquerda do mapa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Virxes
MarMar Caribe
Coordenadas18°26′45″N 64°49′30″O / 18.44583, -64.82500Coordenadas: 18°26′45″N 64°49′30″O / 18.44583, -64.82500
Xeografía
Superficie0´85 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

De tamaño dunhas 85 ha., está rodeado de abruptos cantís que tamén se estenden por baixo da auga. Desde a década dos noventa, as illas de Gran Tobago, pequeno Tobago e as rochas Mercurious e Watson próximas están protexidas como parte do Parque Nacional Trust.[2]

Gran Tobago contén a terceira maior poboación do Caribe de nidificación de aves mariñas, incluíndo a Fragata magnífica, [[Phaethon lepturus | tropicbirds de cola longa]], carráns, Pelecanus occidentalis, Gaivota chorona americana, Sula nebouxii e outras especies.[1][3] As illas tamén estiveron poboadas por cabras durante moitos anos.[4]

Hai máis de quince sitios de mergullo. Aínda que é legal o esnórquel e o mergullo arredor da illa, é ilegal ancorar porque todas as posibles posicións de ancoraxe son arrecife de coral que serían destruídas por unha áncora.[3] Pódense recibir multas por violar esta zona libre de ancoraxe, que é patrullada frecuentemente pola Policía Mariña das IBV.

Na década de 1990, unha empresa das veciñas Illas Virxes Estadounidenses presentou unha proposta para construír un vertedoiro na illa de Gran Tobago, pero a proposta foi rexeitada polo goberno das Illas Virxes Británicas.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Tobago Cays". Bareboats BVI. Consultado o 2018-07-31. 
  2. "Little Tobago/Great Tobago National Park". BVI Tourism. Consultado o 2018-07-31. 
  3. 3,0 3,1 "Great Tobago". BVI Dive Map. Consultado o 2018-07-31. 
  4. "Tobago goats to be eliminated completely". Virgin Islands News Online. Consultado o 2018-07-31. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar