Desroches
Vista da illa
Datos
Capital Desroches
País Seychelles
Localización Océano Índico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) 50 hab.
Superficie 3´24 km²
Densidade
Coordenadas 5°40′S 53°39′L / -5.667, -53.650
Maior Altura
Localización
Localización da illa

Île Desroches ou Desroches Island é a illa principal das illas do Almirante, parte das illas periféricas das Seychelles. Sitúase a 230 km ao suroeste de Mahé, a principal illa das Seychelles. Que ten 6´2 km de longo e ten unha superficie de 3´24 km². Ao longo da súa circunferencia de 15 km ten unha praia de area fina.

Historia editar

Desroches foi nomeada por Chevalier de Roslan, comandante da nave L'Heure du Berger. Foi explorada por Chevalier de la Billioère en 1771. Os británicos chamárona Wood Island, a illa de madeira debido á súa densa vexetación arbórea. A illa foi un importante produtor de copra.

Xunto co resto das Illas do Amirante, Desroches foi parte das Seychelles desde que se converteu nunha colonia en 1909. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou Desroches das Seychelles para formar parte do recentemente creado Territorio Británico do Océano Índico xunto con Farquhar, Aldabra e o Arquipélago de Chagos, pero regresou a Seychelles cos dous primeiros. O propósito era permitir a construción de instalacións militares para o beneficio mutuo do Reino Unido e os Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Desroches foi devolto ás Seychelles por mor da consecución da independencia.

Xeografía editar

 
Unha praia no lado occidental da illa.

Desroches ten unha poboación de ao redor de 50 habitantes, un asentamento no centro da costa noroeste (mirando á lagoa), un pequeno hotel de luxo con 20 habitacións no sur (Desroches Island Resort), construído en 1988 e unha pista de aterraxe pavimentada de 1.372 m de longo na parte sur. Atópase a 36 km ao leste de Amirantes Bank, e separada dela pola auga a máis de 1300 metros de profundidade. Atópase no extremo sur dun atol. No extremo norte do atol atópanse as Shark Rocks, cunha profundidade de entre 3 e 6 metros. Hai un faro no extremo nordés da illa de Desroches. A illa está rodeada por un arrecife seco que se estende 1´6 quilómetros mar a dentro desde o extremo nordés e 0´8 km da extremidade suroeste do país. A illa é baixa e está cuberta de cocos e de altas árbores de madeiras duras. Unha profunda canle, de preto de 1´6 km de ancho, conduce á lagoa. A profundidade mínima na canle é de 18´3 m..