Illas do Almirante

Illas do Almirante
Vista da illa
Datos
Capital
País Seychelles
Localización Océano Índico
Arquipélago Illas do Almirante
Linguas
Poboación (2009) 100 hab.
Superficie 10´09 km²
Densidade
Coordenadas
Maior Altura
Localización
Localización da illa

As illas Amirante son un conxunto de illas coralinas e atois que se atopan no océano Índico. Forman parte do conxunto de illas exteriores do arquipélago das Seychelles.

As illas do Almirante sitúanse a uns 230 km ao suroeste da illa de Mahé, no arquipélago das Seychelles, e a uns 650 km ao nordés da república de Madagascar. A uns 90 km ao sur das Almirante atópase o grupo de illas Alphonse as que ás veces en forma incorrecta son consideradas parte das Almirantes.

As Almirantes foron descubertas por Vasco da Gama durante a súa segunda viaxe de exploración en 1502, sendo chamadas "Ilhas do Almirante" (Illas do almirante). É posible que a existencia das illas xa fose coñecida polos comerciantes árabes e indios. En 1742 Francia proclamou o seu dominio sobre as illas xunto coas Seychelles. A posesión formal foi efectivizada no ano 1756. Mediante o Tratado de París (1814), a soberanía sobre as illas pasou oficialmente aos británicos, sendo parte de Mauricio. En 1909, as Seychelles se cosntituiron nunha colonia separada, que incluía as Almirantes. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou á Île Desroches das Seychelles para formar parte do novo Territorio Británico do Océano Índico que fora creado. O propósito era permitir a construción de bases militares para beneficio mutuo do Reino Unido e dos Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Île Desroches foi devolta ás Seychelles ao adquirir estas a súa independencia.

A superficie total é de 9´91 km². A poboación total é menor de 100 habitantes, con 50 no principal asentamento de Desroches.

Hai oito illas individuais (cinco caios de area baixa e tres caios de area levantada), ademais de tres atois, cun total de 18 illotes (Atol St. Joseph con 14, Desroches con 1, Atol Poivre con 3). Ademais destas 11 unidades, a táboa seguinte tamén ten entradas para un arrecife e un banco sen illotes, en prol da exhaustividade. As cinco máis grandes da zona están habitadas. Os diferentes tipos de illas están marcados por diferentes cores de fondo na táboa.

  Illa/Atol/Arrecife
(Nome alternativo)
Tipo Área
(km²)
Pob. Coordenadas
1 Lady Denison-Pender banco de area mergullado - - 4°49′S 53°20′L / -4.817, -53.333
2 African Banks Illa 0,3 - 4°53′S 53°24′L / -4.883, -53.400
3 Remire Arrecife coral - - 5°05′S 53°21′L / -5.083, -53.350
4 Remire (Illa Eagle) Illa 0,27 10 5°7′S 53°19′L / -5.117, -53.317
5 D’Arros Illa 1,50 15 5°24′S 53°18′L / -5.400, -53.300
6 Saint Joseph Atol 1,39 - 5°25′S 53°20′L / -5.417, -53.333
7 Arrecife Bertaut Arrecife+Illa 0,002 - 5°40′S 53°14′L / -5.667, -53.233
8 Desroches (Des Roches) Atol 3,24 50 5°41′S 53°41′L / -5.683, -53.683
9 Poivre Atol 2,48 10 5°46′S 53°19′L / -5.767, -53.317
10 Étoile (Lampériaire) Illa 0,01 - 5°53′S 53°1′L / -5.883, -53.017
11 Boudeuse (King Ross) Illa 0,01 - 6°5′31″S 52°49′50″L / -6.09194, -52.83056
12 Marie Louise Illa 0,526 15 6°11′S 53°8′L / -6.183, -53.133
13 Desnœufs (Desnoeufs) Illa 0,35 - 6°14′S 53°3′L / -6.233, -53.050
  Almirante Grupo de illas 10,09 100 04°49' ó 06°14'S,
52°50° ó 53°41'E