A illa Dawson (Lat: 53.97º S Long: 70.58º W53°58′12″S 70°38′48″O / -53.97000, -70.64667) é unha illa de Chile situada no Estreito de Magalláns que forma parte do arquipélago de Terra do Fogo. Está situada a uns 100 quilómetros ao sur de Punta Arenas, na XII Rexión de Magalláns e da Antártida Chilena. Ten aproximadamente 1.290 km². Os asentamentos son Puerto Harris, Puerto San Antonio e Puerto Almeida.

Illa Dawson
Isla Dawson
Localización da illa
Estreito de Magallanes coa Illa Dawson marcada en vermello.
Situación
País Chile
ArquipélagoArquipélago de Terra de Fogo
MarEstreito de Magalláns
Coordenadas53°58′S 70°35′O / -53.967, -70.583Coordenadas: 53°58′S 70°35′O / -53.967, -70.583
Xeografía
Superficie1.290´3 km²
Perímetro285´3 km.
Punto máis alto975 m.
Demografía
Poboación415 hab.

Historia editar

Esta zona foi habitada durante miles de anos polos pobos indíxenas. No momento do encontro cos europeos, os habitantes do pobo kawésqar vivían na illa (chamados alacalufe polo pobo yámana e os europeos adoptaron ese termo). Vivían ao oeste dos yámana e por todas as illas ao oeste de Terra do Fogo.

A partir de finais do século XIX, os europeos comezaron a instalarse na rexión, desenvolvendo grandes ranchos de ovellas na illa principal. Os mineiros tamén acudiron á zona en busca de ouro. Chile utilizou a illa de Dawson como campo de concentración para os selk'nam e outros pobos nativos, para sacalos das áreas que os colonos estaban tratando de desenvolver. Os principais gandeiros de ovellas contrataron homes armados para perseguir os indíxenas por unha recompensa no xenocidio selk'nam, xa que persistiron na caza no seu territorio anterior e consideraban ás ovellas como caza.

En 1890, o goberno chileno concedeu a illa a misioneiros Salesianos de Italia dándolles a illa en concesión por 20 anos para educar, coidar, e tratar de asimilar aos pobos indíxenas na cultura europeo-chilena. Os selk'nam que sobreviviron ao xenocidio foron virtualmente deportados á illa, que nun prazo de 20 anos pechou deixando só un cemiterio poboado de cruces. Unha das estruturas da operación salesiana permanece. Foi designado monumento nacional chileno.

A fins de 1949 a illa foi escenario do controvertido afundimento do buque arxentino ARA Fournier, preto das súas costas.

Na historia máis recente, despois do golpe de estado de 1973, a illa foi usada como campo de concentración de prisioneiros políticos, incluíndo ministros do goberno e amigos próximos do deposto presidente Salvador Allende, principalmente Orlando Letelier, Luís Corvalán, Clodomiro Almeyda, José Tohá e Sergio Bitar, quen relatou a súa experiencia como detido político no seu libro Isla 10, Aristóteles España. Constitúe un dos lugares máis emblemáticos da represión exercida polo Réxime Militar entre os anos 1973 e 1974. Estaban baixo o estrito control da Armada Chilena. De acordo a un informe da Cruz Vermella Internacional de 1974,[1] foi o fogar duns 99 detidos políticos sentenciados a traballos forzados, vexacións e torturas.[2] Outras fontes estiman que preto de 400 prisioneiros foron detidos nos dous campamentos. A prisión deixou de funcionar menos dun ano despois e os seus prisioneiros transferidos a outro lugar. Devandito lugar foi o campo de concentración máis austral dese período.

En 2009 o director Miguel Littin estrenou unha película chamada Dawson, Isla 10. Baseouse nunha memoria do mesmo nome escrita por Sergio Bitar, un ex preso político.

Notas editar

  1. The Chile Information Project: Dawson Island
  2. "Report of the Chilean National Commission on Truth and Reconciliation (Rettig report)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 06 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar