Illa Birnie
Birnie | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Kiribati |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | illas Fénix |
Linguas | |
Poboación (2007) | Deshabitada |
Superficie | 0´72 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 03°35′S 171°33′O / -3.583, -171.550 |
Maior Altura | |
Localización | |
A illa Birnie é unha pequena illa de coral de 20 hectáreas. Forma parte do grupo de illas Fénix, pertencentes a Kiribati. Está situada 100 km SE da Illa Kanton e 90 km ONO da Illa Rawaki. Birnie é unha illa deshabitada, mide 1,2 km de longo e 0.5 km de ancho.
A Illa Birnie é unha illa seca, cuberta por máis arbustos baixos que vexetación alta e posúe unha lagoa seca. Debido á natureza imperturbada da illa, vexetación e grandes colonias de aves de mar, as cales nidifican no territorio, a Illa Birnie foi declarada un santuario natural en 1975.
Historia Editar
A illa foi nomeada Illa Birnie en 1823 polo Capitán Emment, aínda que o nome orixinal non é totalmente coñecido. Na década de 1860, a illa foi reclamada polo Acta de Illas Guaneras para os Estados Unidos. En 1889, as illas foron declaradas un protectorado británico. Foi pensado establecer unha colonia, pero desestimouse.
A illa Birnie converteuse en parte do protectorado das illas Gilbert e Ellice en 1937. En 1979, a illa pasou a ser parte da República de Kiribati, cando este país se independizou. Os Estados Unidos levantaron o seu reclamo en 1979 grazas ao Tratado de Tarawa. Aínda está deshabitada e de cando en cando é visitada.
-
Illa Birnie, Praia
-
Faro da illa Birnie coa lagoa ao fondo
-
Lagoa da illa Birnie en agosto 2008
-
Corpo de Enxeñeiros-US Army Survey Mark na illa Birnie