Illa Big, Baía Hudson Nunavut
A illa Big (Illa Grande) é unha illa deshabitada situada na rexión de Qikiqtaaluk, Nunavut, Canadá. Atópase no estreito de Hudson e está separada da illa de Baffin polo estreito White. A comunidade máis próxima é Kimmirut, a 28 km.[1]
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Árticas do Canadá | |||
Localización | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | |||
| ||||
Bañado por | Estreito de Hudson | |||
Características | ||||
Dimensións | 23 () × 62 () km | |||
Superficie | 803 km² | |||
Outras illas na veciñanza inmediata inclúen a Illa Emma e illa Rabbit (illa coello).
Das tres illas na rexión de Qikiqtaaluk en Nunavut, a chamada "Illa Big", é de lonxe a máis grande cunha superficie de 803 km².
Notas
editar- ↑ "Big Island". travelingluck.com. Consultado o 2009-08-01.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Big, Baía Hudson Nunavut |
Ligazóns externas
editar- Big Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada