Coordenadas: 42°06′51″N 8°53′56″O / 42.1142, -8.899

A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Illa Aguieira
A Aguieira e A Carral.
Illa Aguieira en Pontevedra
Illa Aguieira
Illa Aguieira
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGalicia Galicia
Provincia Pontevedra
MarOcéano Atlántico

Xeografía [1] editar

Conforma xunto coa illa Carral, a illa Polbeira e as illas Negras o arquipélago das Illas de Silleiro. Ao seren illotes rochosos, son ricos en marisco, especialmente en percebes, polo que son apreciados por parte das mariscadoras.

Polo medio hai un camiñiño, que cando a marea está baixa, comunica a Illa Carral coa Aguieira. Chámase o Carreiro do Medio ou da Aguieira.

Notas editar

  1. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Talasonimia da costa sur de Galicia (PDF). Instituto de Estudos Miñoranos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016. 

 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.