Abrir o menú principal

Ilias Iliadis (en grego grego: Ηλίας Ηλιάδης, nado co nome de Jarji Zviadauri, xeorxiano: ჯარჯი ზვიადაური en Akhmeta (Kakheti) o 10 de novembro de 1986 é un judoka grego de oríxe xeorxiana, que competiu por Grecia dende o inicio da súa carreira internacional.

Ilias Iliadis
2008 Summer Olympics - Opening Ceremony - Ilias Iliadis (cropped).jpg
Nacemento10 de novembro de 1986
 Akhmeta
NacionalidadeGrecia
Ocupaciónjudoca
editar datos en Wikidata ]
Ilias Iliadis
2008 Summer Olympics - Opening Ceremony - Ilias Iliadis.jpg
Ilias Iliadis En Beijing
Información persoal
Nome de nacemento

Jarji Zviadauri

Nacido

10 de novembro de 1986 ( 31 anos) Akhmeta, Kakheti, República Socialista Soviética Xeorxiana, URSS (Xeorxia)

TraxectoriaEditar

Gañou a medalla de ouro na categoría de <81 kg nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, con 17 anos. Illiadis tamén gañou tres medallas de ouro mundiais, no 2010 en Toquio (Xapón), no 2011 en París (Francia) e no 2015 en Chelyabinsk (Rusia), todas na categoría de <90 kg, e dúas europeas, no 2004 en Bucarest (Romanía) en categoría de <81 kg, e no 2011 en Istambul (Turquía), en <91 kg.[1]

Como portador da bandeira de Grecia, tivo a honra de ser o primeiro atleta en desfilar no estadio Niño do Paxaro durante a cerimonia de apertura das Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín.

Iliadis é curmán doutro campión olímpico, o judoka xeorxiano Zurab Zviadauri, quen tamén gañou o ouro nos Xogos Olímpicos de 2004. A familia de Iliadis emigrou a Grecia en 2003, e foi adoptado por Nikos Iliadis. Despois dos Xogos Olímpicos de 2016, anunciou a súa retirada do Judo profesional.

PalmarésEditar

Ano Torneo Lugar Posición Clase de peso
2004 Xogos Olímpicos Atenas, Grecia 1.º -81 kg
Campionato de Europa Bucarest, Romanía 1.º -81 kg
2005 Campionato do Mundo Cairo, Exipto 2.º -90 kg
Xogos mediterráneos Almeria, España 1.º -90 kg
2007 Campionato do Mundo Río de Xaneiro 2.º -90 kg
2009 Xogos mediterráneos Pescara, Italia 1.º -90 kg
2010 Campionato do Mundo Tokio, Xapón 1.º -90 kg
Campionato de Europa Viena, Austria 3.º -90 kg
2011 Campionato de Europa Istambul, Turquía 1.º -90 kg
Campionato do Mundo París, Francia 1.º -90 kg
2012 Xogos Olímpicos Londres, Inglaterra 3.º -90 kg
2013 Campionato do Mundo Río de Xaneiro 3.º -90 kg
2014 Campionato do Mundo Chelyabinsk, Rusia 1.º -90 kg
2015 Xogos Europeos Baku, Azerbaijan 3.º -90 kg
2016 Xogos Olímpicos Río de Xaneiro 17.º -90 kg

NotasEditar

  1. "Judoka: Ilias Iliadis" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar