Igrexa de San Pedro de Viveiro

construción relixiosa en Viveiro

A Igrexa de San Pedro de Viveiro é un templo de culto católico situado na parroquia de San Pedro de Viveiro (concello de Viveiro) na provincia de Lugo. De estilo románico, dende o ano 1974 está considerada coma Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.

Igrexa de San Pedro de Viveiro

Tipoigrexa e monumento Editar o valor en Wikidata
EpónimoPedro Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura románica Editar o valor en Wikidata
DioceseDiocese de Mondoñedo-Ferrol Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°37′29″N 7°35′18″O / 43.6246, -7.5883
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloViveiro
ParroquiaSan Pedro de Viveiro Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data30 de agosto de 1974
IdentificadorRI-51-0003958
Wikidata ]

Historia

editar

O actual templo data de finais do século XII. Porén, a súa orixe remóntase até o século VI, como o pon de manifesto unha epígrafe situada nun perpiaño exterior no que se fai mención a unha restauración do século X. É a máis antiga da zona. Foi posteriormente ampliada e reformada nos séculos XII e XVII. Ademais do seu interese arquitectónico, no seu interior gárdase unha importante escolma de tallas.

Características

editar

Presenta un estilo románico de gran pureza, fabricada en cantaría e cachotaría de granito, con parte dos seus muros caleados A cuberta é de lousa, a dúas augas. Consta de nave principal e lateral separadas por arcos de medio punto. Salienta a ábsida semicircular. Na fachada, a porta principal arránxase cun arco de medio punto sen enfente ningún, con espadana de dobre corpo e dous vans. Porta lateral románica, tapiada. No beirado salientan os antigos canzorros con diversas formas, especialmente os da ábsida. Existen varias inscricións nos muros exteriores.

No interior atopamos un arco triunfal, bóveda de canón en nave, retablo maior neoclásico e lateral barroco, con tallas de interese e varias pezas antigas.[1]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar