Igrexa de San Mamede do Castro
A igrexa de San Mamede do Castro é a igrexa parroquial do Castro, no concello de Silleda. De primitiva fábrica románica, foi trasladada desde unha das abas da Copa do Castro á súa situación actual tralo asasinato do párroco. Nese lugar atópase agora o cruceiro.
Igrexa de San Mamede do Castro | |
---|---|
Igrexa do Castro. | |
País | España |
Advocación | San Mamede |
Localización | O Castro (Silleda) |
Coordenadas | 42°43′12″N 8°14′51″O / 42.72, -8.2475 |
Culto | |
Diocese | Lugo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarDoada ao mosteiro de Carboeiro no século XII, a igrexa consta dunha soa nave e ábsida rectangulares. Na fachada presenta unha fiestra e unha portada de arco semicircular, con dous pares de columnas. Complétase a fachada cunha espadana con dous ocos, onde se sitúan as campás, e outro sobre dos primeiros, rematada con pináculos.
A ábsida apóiase sobre unha bóveda de canón con arco de medio punto, sobre columnas de capiteis con figuras zoomórficas. No muro do adro poden verse elementos decorativos desta igrexa románica e interesantes canzorros.
Galería de imaxes
editar-
Portada.
-
Porta setentrional.
-
Canzorros.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Igrexa de San Mamede do Castro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.