Convento de San Francisco de Pontevedra
O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades[1].
Convento de San Francisco de Pontevedra | |
---|---|
Vista xeral | |
País | España |
Localización | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′53″N 8°38′35″O / 42.431266, -8.643133 |
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela |
Estilo | Arte gótica e Baroque art |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarSegundo a tradición, o convento foi fundado por Francisco de Asís, que parou en Pontevedra mentres facía a ruta Portuguesa do Camiño de Santiago. A chegada da orde franciscana á cidade tivo lugar posiblemente no último terzo do século XIII. Un dato historicamente comprobado é que a fundación existía xa en 1274, segundo consta no Arquivo Nacional e en papeis do mosteiro de Armenteira, testamentaría de Arias Fernández[2]. A edificación contou coa axuda económica dos herdeiros de Paio Gómez Chariño nun soar da casa de Soutomaior, naquela época aínda fóra do perímetro da muralla da cidade.
A opulencia desta construción provocou envexa nos membros da orde dominica instalados na cidade, que remataran a súa igrexa dez anos antes, e que decidiron iniciar en 1380 a construción doutra igrexa maior que a franciscana, con cinco ábsidas. En 1362 iniciouse a construción da cabeceira da igrexa das monxas clarisas na cidade, similar á de San Francisco, pero de menor tamaño. Ademais destas tres construcións, a igrexa parroquial de San Bartolomeu fora ampliada entre 1337 e 1339. Este grande apoxeo na construción debeuse ó gran número de doazóns económicas procedentes de familias pudentes, temorosas da morte procedente da peste bubónica que asolagou Europa nesa época.
A igrexa é de estilo gótico tardío ou oxival, e foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. Ten planta de cruz latina, con nave única, cruceiro, cuberta de madeira e cabeceira con tres ábsidas poligonais, cubertas con bóvedas de crucería.
O edificio que ocupa a Delegación de Facenda foi construído en 1800, e inclúe a porta de Santo Domingo da antiga muralla da cidade, do século XIII.
No seu interior están os sartegos de Pai Gómez Chariño, Xoán Feijoo de Soutomaior, e Paio de Montenegro.
Logo da desamortización de Mendizábal o recinto quedou deshabitado, sendo propiedade do concello. O 15 de xaneiro de 1909, o pai Luis María Fernández Espinosa e 5 relixiosos máis volveron habitar o recinto, cun contrato de alugueiro de 25 anos, a 250 pesetas por ano. En 1930 o templo foi cedido por Real Orde.
Nunha noite de verán de 1995 o templo sufriu un incendio, sendo restaurado pouco tempo despois.
Neste convento está o comedor de San Francisco, que de luns a sábado dá de comer a un bo número de necesitados.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do convento de San Francisco de Pontevedra.
-
Ánimas do Purgatorio.
Notas
editar- ↑ "Cuatro monjes sostienen la Orden Franciscana", artigo en Faro de Vigo, 20 de febreiro de 2011 (en castelán).
- ↑ Historia de San Francisco de Pontevedra Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de San Francisco de Pontevedra |
Bibliografía
editar- Juan Juega Puig: As orixes medievais de Pontevedra, en: vv.aa.: Historia de Pontevedra (Lérez Ediciones, 2002).
- "Nunca reprimí la angustia y la vergüenza al subir al púlpito", Artigo de Manuel Jabois no Diario de Pontevedra, 15 de xaneiro de 2009.
- Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8.
Outros artigos
editar