Juan Juega

historiador e profesor galego
(Redirección desde «Juan Juega Puig»)


Juan Juega Puig, nado en Pontevedra o 14 de abril de 1954 e finado na mesma vila o 19 de marzo de 2018[1], foi un historiador e profesor galego.

Modelo:BiografíaJuan Juega
Biografía
Nacemento14 de abril de 1954 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria e historia rexional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, catedrático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1031115 BUSC: juega-puig-juan-1954-2018 Dialnet: 633434

Traxectoria

editar

Licenciouse primeiro e doutorouse despois (2014) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese doutoral dedicoulla ao comercio marítimo en Galicia entre os séculos XVI e XVII.

Como historiador, especializouse na historia da súa vila natal, Pontevedra. Laboralmente, foi profesor de secundaria en institutos de bacharelato de Ponteareas, Pontevedra (A Xunqueira), Poio e Vilagarcía de Arousa. Dirixiu o Instituto de Estudos Históricos da Deputación de Pontevedra.

Escribía artigos sobre temas históricos para o Faro de Vigo[2].

Vida persoal

editar

Foi o sexto dos nove fillos de Ramón Juega Rúa e María del Carmen Puig Gaite. Tivo tres fillas con Anen Rivera Quintana (María, Marta e Carmen Juega Rivera) e un con María José Frías (Fernando Juan Juega Frías). Cando morreu estaba casado con Pilar Rosales.

  • Pontevedra, villa amurallada (Deputación de Pontevedra, 1995; con Antonio de la Peña e Enrique Sotelo)
  • El estanco de la sal en Galicia. Siglos XVI-XVIII (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, 2006)
  • A historia de Galicia nos seus textos (Vía Láctea, 1996)
  • As rúas de Pontevdra (Deputación de Pontevedra, 2000)
  • La flota de Nueva España en Vigo, 1702 (Ediciós do Castro, 2001)
  • Los Dinís un linaje judeoconverso en la Pontevedra de los siglos XVI y XVII (Ediciós do Castro, 2004)
  • Specvlvm humanae vitae. O Camiño da Vida na contraportada da Igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra (Concello de Pontevedra, 2010)
  • El Comercio Marítimo de Galicia 1525-1640 (Deputación de Pontevedra, 2014; tese doutoral)