Abrir o menú principal

Ignacio Vieitez Tapia

político galego

Ignacio Vieitez Tapia, nado en Sela (Arbo) o 28 de agosto de 1817 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1882,[1] foi un político galego.

Ignacio Vieitez Tapia
Nacemento28 de agosto de 1817
 Sela, Arbo
Falecemento25 de febreiro de 1882
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de José Miguel Vieitez de Puga, señor do pazo de Sela, onde naceu. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Ribadavia, xefe de negociado no Ministerio de Graza e Xustiza, maxistrado da Audiencia de Zaragoza, presidente de Sala das de Canarias, Valladolid, A Coruña, Oviedo e Burgos, maxistrado da Audiencia de Madrid e presidente da Sala segunda do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi elixido deputado provincial na Deputación de Pontevedra e deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en 1850. Foi senador pola provincia de Ourense en 1876 e por Pontevedra entre 1877 e 1881.

Vida persoalEditar

Casou con Luísa Penedo Fernández e foi pai de José e Ignacio Vieitez Penedo.

NotasEditar

Véxase taménEditar