Ignacio Camuñas Solís
Ignacio Camuñas Solís, nado en Madrid o 1 de setembro de 1940, é un político e editor español. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito comparado pola Universidade de Estrasburgo, exministro do Goberno de España, é diplomático de profesión. Dende que pediu a excedencia desempeñou en distintos momentos actividades de carácter editorial en distintas empresas culturais de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1940 (84 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 18 de novembro de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Valladolid (en) Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
29 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Datos persoais | |
Educación | University of Madrid (en) Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Unión de Centro Democrático Partido Popular Vox |
Participou en | |
18 de outubro de 2018 | España siempre (en) |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
Premios | |
Foi director e conselleiro delegado do grupo editorial Guadiana de Publicaciones, editor da revista mensual Gentleman.
Durante a transición democrática, participou na creación de Unión de Centro Democrático (UCD) en 1977, co Partido Demócrata Popular (PDP) do que foi fundador e secretario xeral, adscrito á Plataforma de Converxencia Democrática, formando a á liberal da UCD. O PDP foi o único representante español no Congreso Europeo de Partidos Liberais celebrado na Haia, en 1976.
Deputado da UCD dende 1977 (ocupou o posto 7 na candidatura ó Congreso dos Deputados por Madrid), ministro de Relacións coas Cortes, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e presidente da Comisión Mixta Cortes Españolas-Parlamento Europeo.
En 1980 na vixésimo oitava edición do Grupo Bidelberg, celebrada en Bad Aachen, na Alemaña occidental, os días 18, 19 e 20 de abril, foi o único representante español presente.[1]
Foi secretario xeral da Comisión Española da UNESCO e conselleiro do director xeral da organización. Así mesmo formou parte en distintas ocasións da Delegación española na Organización das Nacións Unidas (ONU).
Foi presidente do Centro de Fundacións e, anos máis tarde, presidente da Asociación Española de Fundacións; actualmente preside o Foro da Sociedade Civil. Posúe a Gran Cruz de Carlos III.
O 16 de xaneiro de 2014 presentou o novo partido político Vox xunto con outros ex militantes do Partido Popular.[2][3][4] Posteriormente foi elixido vicepresidente de Vox; porén, en setembro dese mesmo ano anunciou que abandonaba a súa militancia.[5]
Notas
editar- ↑ Bilderberg Meetings. Bad Aachen Conference. April 1980.
- ↑ Vox, el nuevo partido de Ortega Lara, aboga por fortalecer el papel del Rey, la familia y el centralismo en España, Diario Crítico, 16 de enero de 2014.
- ↑ El nuevo partido de Ortega Lara propone desmantelar el modelo autonómico, El País, 16 de enero de 2014.
- ↑ «Vox nace en respuesta a un sentimiento de orfandad política en el centro derecha», ABC, 16 de enero de 2014.
- ↑ Vox empieza a dividirse en grupos impares menores de tres, Público, 3 de septiembre de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Partido Demócrata Popular, Bilbao, Albia, 1977.
- España: el final de una época. Informe del Foro de la Sociedad Civil, Madrid, Libros Libres, 2009.