Ignacio Camuñas Solís
Ignacio Camuñas Solís, nado en Madrid o 1 de setembro de 1940, é un político e editor español. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito comparado pola Universidade de Estrasburgo, exministro do Goberno de España, é diplomático de profesión. Dende que pediu a excedencia desempeñou en distintos momentos actividades de carácter editorial en distintas empresas culturais de España.
Ignacio Camuñas Solís | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1940 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | University of Madrid e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | político e avogado |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi director e conselleiro delegado do grupo editorial Guadiana de Publicaciones, editor da revista mensual Gentleman.
Durante a transición democrática, participou na creación de Unión de Centro Democrático (UCD) en 1977, co Partido Demócrata Popular (PDP) do que foi fundador e secretario xeral, adscrito á Plataforma de Converxencia Democrática, formando a á liberal da UCD. O PDP foi o único representante español no Congreso Europeo de Partidos Liberais celebrado na Haia, en 1976.
Deputado da UCD dende 1977 (ocupou o posto 7 na candidatura ó Congreso dos Deputados por Madrid), ministro de Relacións coas Cortes, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e presidente da Comisión Mixta Cortes Españolas-Parlamento Europeo.
En 1980 na vixésimo oitava edición do Grupo Bidelberg, celebrada en Bad Aachen, na Alemaña occidental, os días 18, 19 e 20 de abril, foi o único representante español presente.[1]
Foi secretario xeral da Comisión Española da UNESCO e conselleiro do director xeral da organización. Así mesmo formou parte en distintas ocasións da Delegación española na Organización das Nacións Unidas (ONU).
Foi presidente do Centro de Fundacións e, anos máis tarde, presidente da Asociación Española de Fundacións; actualmente preside o Foro da Sociedade Civil. Posúe a Gran Cruz de Carlos III.
O 16 de xaneiro de 2014 presentou o novo partido político Vox xunto con outros ex militantes do Partido Popular.[2][3][4] Posteriormente foi elixido vicepresidente de Vox; porén, en setembro dese mesmo ano anunciou que abandonaba a súa militancia.[5]
NotasEditar
- ↑ Bilderberg Meetings. Bad Aachen Conference. April 1980.
- ↑ Vox, el nuevo partido de Ortega Lara, aboga por fortalecer el papel del Rey, la familia y el centralismo en España, Diario Crítico, 16 de enero de 2014.
- ↑ El nuevo partido de Ortega Lara propone desmantelar el modelo autonómico, El País, 16 de enero de 2014.
- ↑ «Vox nace en respuesta a un sentimiento de orfandad política en el centro derecha», ABC, 16 de enero de 2014.
- ↑ Vox empieza a dividirse en grupos impares menores de tres, Público, 3 de septiembre de 2014.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Partido Demócrata Popular, Bilbao, Albia, 1977.
- España: el final de una época. Informe del Foro de la Sociedad Civil, Madrid, Libros Libres, 2009.