Lingua norueguesa
O noruegués[2] é unha lingua escandinava e oficial na Noruega. É falada por 5 millóns de persoas en Noruega.
Noruegués norsk | ||
---|---|---|
Falado en: | Noruega | |
Rexións: | Norte, este bokmål oeste nynorsk | |
Total de falantes: | 5 000 000 | |
Posición: | Non está entre os 100 primeiros | |
Familia: | Linguas indoeuropeas Lingua Xermánica Linguas xernánicas do norte Lingua de libro (Bokmål) Novo nórdico (Nynorsk) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Noruega | |
Regulado por: | Bokmål e Nynorsk: Norsk språkråd (Consello Noruegués da Lingua) Riksmål: Academia Noruega | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | no (Noruegués)
| |
ISO 639-2: | nor (Noruegués) | |
SIL: | [1] (noruegués)
| |
Mapa | ||
Status | ||
Existen, por lei, dúas formas oficiais de noruegués escrito, o bokmål ("lingua dos libros") e o nynorsk ("noruegués novo").
Non hai un estándar oficial para o noruegués falado, aínda que o sociolecto das clases media e alta de Noruega Oriental, no cal está baseado fundamentalmente o noruegués bokmål, é a forma que se ensina aos estudantes estranxeiros.
Desde o século XVI ata o século XIX, os danés foi a lingua estándar de escritura en Noruega; como resultado, o desenvolvemento do noruegués escrito moderno foi obxecto dunha forte controversia relacionada co nacionalismo, co discurso rural fronte urbano. Historicamente, o bokmål é a forma norueguesizada do danés, mentres que o nynorsk é a forma baseada nos dialectos noruegueses e representa a oposición purista ao danés. Houbo unha política oficial, xa abandonada, de fusionar ambos nun estándar común chamado samnorsk, dándose unha serie de reformas e de variedades de ambos o bokmål e o nynorsk. A forma non oficial riksmål está considerada como máis conservadora do que o bokmål, e a tamén non oficial høgnorsk máis conservadora que o nynorsk.
Os noruegueses edúcanse en ambos o bokmål e o nynorsk. No 2005 un 86.3% afirmaba usar principalmente bokmål como a forma de escritura, un 5.5% bokmål e nynorsk, e un 7.5% basicamente nynorsk. Dun xeito aproximado, pódese dicir que o bokmål e riksmål danse máis nas áreas urbanas e suburbanas, fronte ao nynorsk nas rurais, particularmente na parte occidental de Noruega.
A corporación norueguesa de radiodifusión (NRK) emite tanto en bokmål como en nynorsk, e todas as axencias do goberno deben permitir ambos. O bokmål úsase nun 92% de todas as publicacións.
Como exemplo, móstranse algunhas frases onde se aprecian as diferenzas entre bokmål, nynorsk, riksmål e høgnorsk:
Galego | Bokmål | Riksmål | Nynorsk | Høgnorsk |
---|---|---|---|---|
Veño de Noruega | Jeg kommer fra Norge
(exactamente igual que en danés) |
Jeg kommer fra Norge
(exactamente igual que en danés) |
Eg kjem frå Noreg | |
Como se chama? | Hva heter han? | Hva heter han? | Kva heiter han? | Kva heiter han? |
Ese é un cabalo | Dette er en hest | Dette er en hest | Dette er ein hest | Dette er ein hest |
O arco da vella ten moitas cores | Regnbuen har mange farger | Regnbuen har mange farver | Regnbogen har mange fargar | Regnbogen hev mange fargar |
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para noruegués.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua norueguesa |
Vexa no Galizionario as palabras en Noruegués |
Outros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |